Declaración de Anthony Lake, director executivo de UNICEF, sobre a brutal violencia contra os nenos en Sudán do Sur

"A violencia contra os nenos alcanzou un novo nivel de brutalidade en Sudán do Sur.

Os detalles do agravamento da violencia contra os nenos son incualificables pero debemos falar diso.

Ata 129 nenos do estado de Unidad foron asasinados en tan só 3 semanas en maio. Os superviventes contan que se castrou a nenos, deixándoos sangrar ata morrer. Nenas, as máis pequenas de 8 anos, foron violadas por cuadrillas e asasinadas. Outros nenos foron botados a edificios en chamas.

Os nenos están a ser recrutados con moita agresividade por grupos armados das dúas partes, cunha frecuencia alarmante- se estima que 13.000 nenos foron obrigados a participar nun conflito que non iniciaron. Imaxinen os efectos psicolóxicos e físicos nestes nenos - non só pola violencia á que foron sometidos senón tamén pola violencia que están obrigados a inflixir a outros.

Esta violencia contra os inocentes debe rematar en nome da humanidade e o sentido común".

Para descargar contido multimedia de Sudán do Sur:

ftp://video.unicef.es/sudandelsur

Usuario:                              Refcom

Contrasinal:                      uce442087

Más información:

Chris Tidey, UNICEF Nova York, +1 917 909 9542, [email protected]

Belén de Vicente, UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]