Declaración Conxunta no Día Internacional de Tolerancia Cero coa Mutilación Xenital Feminina (MGF)
UNFPA, UNICEF, a Confederación Internacional de Parteiras e a Federación Internacional de Xinecoloxía e ObstetriciaChamamento á acción para mobilizar os traballadores da
saúde de todo o mundo contra a MGF
A mutilación xenital feminina viola os dereitos humanos e afecta á
saúde e ao benestar duns tres millóns de nenas todos os anos. Máis
de 130 millóns de nenas e mulleres dos 29 países de África e o
Oriente Medio nos que a práctica se concentra na actualidade,
experimentaron algunha forma de MGF,
e os efectos sobre as súas vidas son enormes.
En todo o mundo aumenta o compromiso das comunidades e os gobernos
para eliminar a MGF,
pero non abonda. Hoxe, coincidindo co Día Internacional de
Tolerancia Cero coa Mutilación Xenital Feminina, instamos a todos
os traballadores da saúde - dende as parteiras e enfermeiras ata
os obstetras e
xinecólogos - a mobilizarse contra esta práctica perigosa e
profundamente nociva.
O apoio dos traballadores da saúde no esforzo mundial por poñer fin
á MGF é
fundamental. Os traballadores da saúde de primeira liña teñen
coñecemento directo da dinámica social das comunidades onde prestan
os seus servizos e das normas sociais que perpetúan
a MGF,
e poden acelerar o rápido descenso do apoio á práctica. Os seus
pacientes coñécenos e confían neles.
Os traballadores da saúde teñen ademais unha comprensión profunda
das consecuencias nocivas desta práctica. Ven as complicacións
urinarias, menstruais e obstétricas -incluídas hemorraxias,
infeccións e mortes - que provoca. Son testemuñas ademais do dano
emocional que carrexa a MGF,
trauma, que adoita durar toda a vida.
Os traballadores da saúde están en moi boa posición para liderar o
esforzo por resistir unha perturbadora tendencia que xurdiu en
moitos países: a medicalización da MGF.
Ao redor dunha de cada
cinco nenas ten sido mutilada por un profesional da saúde
cualificado. Nalgúns países pode tratarse de ata tres de cada catro
nenas.
A MGF é
ilegal en moitos países, e os encargados de atención da saúde que a
practican neses países están a violar a lei. Pero en todos os
países, sexa ou non legal, os encargados de atención da saúde que
practican a MGF violan
os dereitos fundamentais das nenas e as mulleres. Dan aprobación
tácita ademais a esta práctica nociva e infrinxen o precepto máis
básico da medicina: non causar dano.
Os profesionais da saúde - en especial os traballadores de primeira
liña - poden acharse sometidos con frecuencia a unha presión
considerable para practicar a MGF.
Pero se se lles presta apoio para resistir esa presión poden pasar
a formar parte da solución.
De modo que, antes que nada, instamos a todos os traballadores da
saúde a que abandonen a práctica da MGF e
a que usen a súa influencia non só nas comunidades en que
traballan, senón ademais cos seus compañeiros para acelerar o
abandono da MGF en
todas as partes. Instamos ademais a todos os traballadores da saúde
a que protexan a saúde sexual e reprodutiva de todas as mulleres
que xa foron sometidas á MGF.
Sabemos que os traballadores da saúde non poden facelo sós. As
nosas organizacións - UNFPA,
o Fondo de Poboación das Nacións Unidas e UNICEF,
por medio do noso Programa Conxunto contra
a MGF,
a Confederación Internacional de Parteiras e a Federación
Internacional de Xinecoloxía e Obstetricia - están empeñadas en
achegar aos traballadores da saúde as aptitudes e a información
para acelerar o abandono da práctica da MGF,
así como
para tratar as complicacións que derivan desta
práctica.
As normas sociais, en especial en comunidades estreitamente unidas,
poden exercer un poder tremendo sobre a vida das persoas. Pero as
normas sociais poden cambiar tamén cando as persoas exercen o seu
poder; cando os traballadores da saúde, os dirixentes, os expertos
e, principalmente, as nenas e as familias, alzan a súa voz e toman
medidas.
No Día Internacional de Tolerancia Cero coa Mutilación Xenital Feminina tomemos xuntos unha posición contra a MGF.A saúde, os dereitos e o benestar de millóns de nenas dependen diso.