A crise no Corno de África, lonxe de rematar

A masiva resposta internacional á crise de supervivencia infantil no Corno de África mostrou xa algúns resultados positivos, pero aínda queda moito por facer para salvar centos de miles de nenos en risco de morrer de desnutrición e enfermidades, dixo UNICEF, á vista do informe sobre a situación cando se cumpren tres meses da declaración de fame en distintas zonas de Somalia. 

 "Salvamos moitos nenos, en Somalia, nos campos de refuxiados en países veciños, así como nas demais rexións de Kenya, Etiopía e Djibouti, afectados pola seca prolongada, o aumento do prezo dos alimentos e o conflito", dixo Elhadj As Sy, Director Rexional de UNICEF para África oriental e meridional, no lanzamento do informe Resposta á emerxencia do Corno de África. "Debido á magnitude da crise humanitaria, temos que aumentar a nosa resposta inmediata e ao mesmo tempo, sentar as bases para o desenvolvemento a longo prazo, para evitar que unha catástrofe similar volva suceder,". "Necesitamos máis apoio para ampliar aínda máis as nosas intervencións integrais en saúde, nutrición, seguridade alimentaria, auga e saneamento, educación e protección infantil, para crear un futuro mellor para os nenos no Corno de África. " Aproximadamente 13,3 millóns de persoas necesitan axuda. Máis de 450.000 somalís fuxiron aos campamentos de refuxiados arredor deDadaab, no nordés de Kenya, incluíndo 100.000 que chegaron dende xuño pasado. Outros 183.000 somalís fuxiron a Etiopía, incluíndo máis de 120.000 dos campos de refuxiados en Dollo Ado, e 20.000 refuxiados foron a Djibouti.

Miles de nenos morreron, e máis de 320.000 -a metade deles no centro e sur de Somalia- están tan severamente desnutridos que poden morrer nas próximas semanas e meses, se as operacións de axuda humanitaria non se amplían rapidamente. O informe revela que a resposta internacional foi extraordinaria. Grazas a todo o apoio recibido, nos últimos tres meses UNICEF e os seus aliados no Corno lograron importantes resultados, que son a base para construír unha resposta máis ampla, e que inclúen:

· Preto de 10.000 toneladas métricas de subministracións de UNICEF de primeira necesidade que se distribuíu no Corno de África por terra, mar e aire. · 108.000 nenos con desnutrición severa tratados en centros de alimentación terapéutica. · 1,2 millóns de nenos vacinados contra o sarampelo · Acceso a auga potable para 2,2 millóns de persoas · 48.000 nenos con acceso a Espazos Amigos da Infancia ou outros ámbitos seguros.

O informe tamén revela que as accións específicas baseadas no traballo coas comunidades, como o programa Red de Seguridade Produtiva e o programa de Extensión da Saúde en Etiopía, foron fundamentais na prevención de maiores taxas de mortalidade. No centro e o sur de Somalia, onde o acceso das axencias humanitarias é limitado, UNICEFconseguiu chegar a 350.000 persoas con alimentación suplementaria, e a unhas 30.000 familias con alimentos cociñados no seu camiño cara aos campos de refuxiados de Kenya e Etiopía. As previsións para a tempada de chuvias, que vai de outubro a decembro, reflicten que a seguridade alimentaria pode mellorar en Kenya e Etiopía, onde as chuvias empezaron recentemente. Non obstante, a experiencia tamén demostra que a tempada de chuvias, despois dunha prolongada seca, incrementa o risco de inundacións e brotes de enfermidades mortais como a cólera, a malaria e a pneumonía.  

No centro e o sur de Somalia, a situación empeorará aínda máis se non mellora o acceso humanitario de forma rápida e significativa. Temos que facer un esforzo extra para chegar a todos os nenos e as súas familias que necesitan a nosa axuda. A crise encóntrase lonxe de chegar á súa fin e, sen dúbida, continuará ata ben entrado o ano 2012", sinalou Elhadj As Sy, Coordinador de Emerxencias de UNICEFpara a crise do Corno de África. "Unha cousa está clara: con apoio continuado dos nosos socios e doadores, os nosos esforzos combinados para salvar vidas, medios de subsistencia e formas de vida, marcarán unha diferenza", agregou.

A xenerosidade da sociedade española: 

111.661 doadores contribúen con máis de 4,1 millóns de euros

Socios e doadores particulares, gobernos, entidades públicas e privadas de distintos sectores, e Embaixadores e Amigos de UNICEF España achegaron, a data do pasado 18 de outubro, 4.107.113,01 euros para contribuír ao traballo deUNICEF no Corno de África. Un total de 111.661 doadores sumouse a través de UNICEF España ao chamamento desta emerxencia para prestar asistencia aos nenos e as súas familias.UNICEF España agradece profundamente este xeneroso apoio da sociedade española. Sen a súa contribución, unida á doutros países, non sería posible desenvolver o traballo que consegue salvar miles de vidas e axudar a mellorar as condicións dos afectados pola emerxencia nutricional do Corno de África.

Para descargar o informe completo (en inglés)

http://www.unicef.org/esaro/5440_Horn_of_Africa_report.html

Más información:

Michael Klaus, oficina de UNICEF para África oriental e meridional, [email protected] móvil: +254 716 431 880

Patrick McCormick, sede central de UNICEF en Nova York [email protected]tel: +1 212 326 7426

Marixie Mercado, sede de UNICEF en Xenebra (en apoio a UNICEF Somalia),
[email protected] móvil: +254 705 188 134

Dailo Allí, UNICEF España  [email protected]  móvil: +34 609160051