Crise en Sirya: UNICEF intensifica o seu traballo en saúde e nutrición ante o aumento das necesidades dos nenos
Miles de nenos sirios están a ser monitorizados para previr novos casos de desnutrición, como parte do traballo que se está a levar a cabo a nivel rexional para cubrir as crecentes necesidades sanitarias e nutricionais de ao redor de 1,3 millóns de nenos afectados pola crise actual, incluíndo nenos dentro de Sirya e en países veciños.
O seguimento nutricional estase a levar a cabo no campamento de refuxiados deZa'atari, no norte de Xordania, de xeito paralelo a unha campaña de vacinación semanal. UNICEF e o Ministerio de Sanidade, en colaboración coa Organización Mundial da Saúde (OMS) e axencias aliadas, tamén lanzarán a grande escala unha campaña de vacinación contra a polio e o sarampelo que pretende chegar a máis de 100.000 nenos en Za'atari, centros de tránsito próximos e comunidades do norte de Xordania que aloxen refuxiados. "O conflito interrompeu os servizos sanitarios en toda Sirya, polo que a maioría dos nenos refuxiados e as súas familias non tiveron acceso a vacinacións rutineiras nin a outros servizos sanitarios básicos" dixo Mahendra Sheth, Responsable Rexional de Saúde de UNICEF en Oriente Medio. "Este traballo é vital porque durante unha crise os nenos son máis vulnerables a brotes de enfermidades e á desnutrición, especialmente os nenos que viven en campamentos como o de Za'atari. " No medio dunhas condicións extremadamente difíciles, UNICEF e os seus aliados locais tamén están a apoiar as familias aloxadas en escolas de Damasco, subministrándolles atención médica. Vanse preparar oito equipos médicos móbiles para chegar a unhas 175.000 persoas en moitas das zonas máis afectadas polo conflito actual en Aleppo, Damasco, Dara'a, Hama eHoms. Vanse intensificar tamén os controis rápidos que teñen como obxectivo monitorizar a situación nutricional dos nenos que viven en Damasco e en zonas rurais desa cidade.
Tamén se está a vacinar e monitorizando o estado
nutricional de nenos menores de cinco anos en Líbano, onde hai
40.000 refuxiados, e Iraq, onde se encontran uns 15.000.
Están a aumentar as necesidades sanitarias e nutricionais dos nenos
sirios que se encontran en toda a rexión, polo que debemos actuar
agora para asegurarnos de que reciben protección" dixo a Directora
Rexional de UNICEF para Oriente Medio
e o Norte de África, Maria
Calivis.UNICEF solicitou á comunidade
internacional máis fondos para os programas de emerxencia
relacionados co acceso a auga, saneamento, educación, saúde e
nutrición, cos se está apoiando decenas de miles de nenos sirios e
as súas familias, tanto en Sirya coma en países veciños.
Máis información sobre o traballo de UNICEF ante a crise en Sirya:
http://www.unicef.es/infancia/emergencias-ayuda-humanitaria/crisis-en-siria