Continúan as liberacións de nenos soldados en Sudán do Sur

UNICEF participa na liberación de 300 nenos que se suman aos 246 desmolibizados hai dúas semanas

UNICEF e os seus aliados están a supervisar a liberación doutros 300 nenos dun grupo armado en Sudán do Sur.

Os nenos de Pibor, no estado de Jonglei, entregaron as súas armas e uniformes nunha cerimonia supervisada pola Comisión Nacional de Desarme, Desmobilización e Reintegración de Sudán do Sur e a Facción Cobra, e apoiada por UNICEF. Pasarán a súa primeira noite nun centro de coidado temporal onde se lles proporcionará comida, auga e roupa. Tamén terán acceso a servizos sanitarios e psicosociais.

Esta liberación chega tras a que tivo lugar hai dúas semanas no pobo de Gumuruk, na que quedaron libres 249 nenos entre 11 e 17 anos. Ao longo deste mes, terán lugar máis liberacións graduadas de nenos da Facción Cobra do Exército Democrático de Sudán do Sur, liderado por David Yau YauCobra informou a UNICEF de que teñen 3.000 nenos no seu grupo armado.

A pesar dos grandes retos aos que se enfrontan os nenos liberados ao adaptarse á vida civil despois de pasar catro anos nun grupo armado, en Gumuruk estanse a dar signos positivos que indican que o proceso de reintegración está a funcionar. Nas dúas primeiras semanas dende a súa liberación, 179 nenos regresaron á casa coas súas familias e 70 nenos viven en centros de coidado temporal apoiados por UNICEF mentres se busca as súas familias e se leva a cabo a posterior reunificación. Os 249 nenos acoden ao centro de coidados cada día para xantar, realizar actividades recreativas e recibir apoio psicosocial.

"Cada neno liberado supón a oportunidade para unha nova vida", dixo o representante de UNICEF en Sudán do Sur, Jonathan Veitch. "Estamos a ser testemuñas das negativas consecuencias que ten para os nenos ter pertencido a un grupo ar
mado; algúns son introvertidos mentres que outros mostran comportamentos violentos e agresivos. En lugar de xogar, van e veñen".

"Para evitar o risco de volver ser recrutados e asegurar que cada neno pode alcanzar o seu potencial, eles necesitan un ámbito protector onde non só reciben comida e auga, senón tamén consellos, habilidades para a vida e a oportunidade de regresar ao colexio", dixo Veitch.

Os nenos liberados e as comunidades, repetiron insistentemente a UNICEF que a educación é a súa prioridade número un. UNICEF está a mellorar o acceso á educación en cada un dos lugares nos que houbo ou haberá liberación, mediante o fortalecemento das instalacións existentes ou favorecendo a creación de novas escolas onde antes non existían. Estímase que 20.000 nenos destas comunidades se beneficiarán destes esforzos. Ademais, UNICEF e os seus aliados apoiarán estes nenos, moitos dos cales nunca foron á escola, con oportunidades de formación profesional.

Nos últimos días, UNICEF fretou voos e feito chegar camións de auga, así como proporcionado subministracións educativas e sanitarias á rexión de Pibor, aproveitando a mellora do acceso humanitario por estrada na estación seca. Ademais, UNICEF conta con 10 membros do seu persoal no terreo para supervisar o programa de liberación e reintegración.

UNICEF estima que os custos para a liberación e a reintegración de todos os nenos é de aproximadamente 2.057 euros para 24 meses. UNICEF fai un chamamento de 11'48 millóns de euros para financiar as necesidades inmediatas dos nenos liberados e as comunidades vulnerables onde viven.

Acerca de UNICEF

UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas as partes.

Más información:

Doune Porter, Chief of Strategic Communications, UNICEF South Sudan 

[email protected]

 

John Budd, Communications Specialist, UNICEF South Sudan

Mobile: + 211 (0) 912398404 [email protected]

 

Claire McKeever, Communications Specialist, UNICEF South Sudan

Mobile: + 211 (0) 955109325 [email protected]

 

Patricia Portela de Souza, Regional Communication, Nairobi

Mobile +254719214505 [email protected]

 

Belén de Vicente, UNICEF España, 609 160 051 / 91 378 95 55;  [email protected]