Comeza en Iraq unha campaña masiva de vacinación contra a polio apoiada pola OMS e UNICEF

Acaba de comezar en Iraq unha campaña de vacinación contra a poliomielite que pretende protexer en todo o país a máis de catro millóns de nenos menores de 5 anos contra esta terrible enfermidade.

A campaña, de catro días de duración, impulsada polo Ministerio de Saúde co apoio da OMS eUNICEF, forma parte da resposta que leva a cabo o país dende a reaparición do virus da polio a principios deste ano. "Esta campaña chega nun momento crítico, xa que o país está a ser testemuña dun enorme éxodo interno de nenos que foxen da violencia e os disturbios", dixo Marzio Babille, Representante de UNICEF en Iraq. "Esta é unha prioridade para UNICEF. Ningún neno debe quedar sen vacinar e correr o risco de sufrir unha parálise. " A campaña pretende chegar aos nenos de todo o país, mesmo a aqueles que se encontran en zonas de conflito, comunidades desprazadas e poboacións de acollida. A continua violencia que sofre o país precipitou o desprazamento interno de case 1,2 millóns de persoas dende o comezo deste ano. Case 200.000 persoas foron desprazadas nos últimos tres días na rexión do Kurdistán. UNICEF estima que a metade deles son nenos. "A medida que se estende a violencia, os nenos e as súas familias estanse a ver obrigados a desprazarse ata tres veces, a miúdo vivindo en condicións de amoreamento nas que corren un risco moito maior de contraer enfermidades infecciosas", dixo o Dr.Syed Jaffar Hussain, Representante daOMS en Iraq. "A OMS está a colaborar coas autoridades e aliados nacionais para garantir que a saúde de todas as poboacións vulnerables, especialmente os nenos, se protexe contra enfermidades como a poliomielite. "

Tras detectarse dous casos de polio en Iraq despois de 14 anos libres da enfermidade e sabendo que hai un número elevado de nenos sen vacinar debido ás dificultades de acceso ás familias e os nenos -especialmente nas zonas en conflito e debido ás barreiras sociais-, Iraq converteuse nun país vulnerable a sufrir brotes desta terrible enfermidade incurable aínda que previble cunha vacina. A OMS e UNICEF están a axudar ás autoridades sanitarias a chegar aos nenos de 12 provincias, entre elas as tres provincias da Rexión do Kurdistán de Iraq, onde aproximadamente 250.000 nenos iraquís e 125.000 nenos sirios buscaron refuxio. "Iraq é un dos sete países incluídos nun plan consolidado de resposta ante a polio dirixido pola OMS e UNICEF que pretende chegar a 25 millóns de nenos da rexión con doses repetidas da vacina. Débese facer todo o posible para chegar a todos os nenos e erradicar a polio para sempre", dixo Chris Maher, director da OMS para a erradicación da polio.

Más información:

Dailo Alli, [email protected], +34 609 160 051

Juliette Touma, [email protected], 962-79-867-4628

Karim El-Korany, UNICEF Iraq, [email protected], +964-780-92-585-42

Bahaaeldin Elkoussy, programa da OMS contra a polio, [email protected], +201006019316

 Ajyal Al-Sultany, OMS Iraq, [email protected], +964 7809 269 506