Chegan subministracións vitais de UNICEF para os nenos das áreas afectadas polo super tifón Haiyán

A pesar da enorme devastación causada polo tifón Haiyan, entregáronse subministracións vitais para os nenos das rexións de Tacloban, Ormac e Roxas, que son as zonas máis afectadas polo desastre.

"A subministración de auga foi reconstruída parcialmente na cidade de Tacloban xa que se aseguraron o combustible, os xeradores e os repostos necesarios para continuar as operacións", dixo Ted Chaiban, Director de Programas de Emerxencia de UNICEF nunha reunión celebrada en Nacións Unidas. "Isto proporcionará auga potable a case 200.000 persoas. " Durante os últimos tres días, grazas a 15 toneladas de espazo de carga doados por AirAsia, a organización comezou a enviar kits de hixiene para 18.000 persoas en Tacloban. Cada kit de hixiene inclúe deterxente, xabón, bidóns de auga, pasta de dentes, cepillos de dentes e toallas sanitarias. "As necesidades son inmensas e urxentes, polo que a nosa resposta ten que ser igual de masiva", dixo o Representante de UNICEF en Filipinas, Tomoo Hozumi. Estamos a traballar a pesar dos enormes desafíos loxísticos e a escaseza de combustible e de espazo físico para operar, aínda que estamos a facer todo o posible por aqueles que o perderon todo. " Ademais do envío realizado por AirAsia, UNICEF enviou camións con subministracións de auga, saneamento e hixiene valorados en 142.000 dólares que chegaron a Tacloban. Estes envíos inclúen comprimidos potabilizadoras de auga, tanques de auga para subministrar auga potable a 45.000 persoas ao día, latrinas, e kits de hixiene para outras 15.000 persoas.UNICEF enviou subministracións similares a Roxas dende establecementos situados en Manila, incluíndo tanques de auga para 19.000 persoas; pastillas potabilizadoras de auga, e latrinas para 8.500 persoas desa cidade.

"Estamos a facer todo o posible o máis rápido que podemos", dixo Hozumi, " e aínda queda moita máis axuda por vir nos próximos días xa que o noso persoal traballa día e noite para entregar a axuda que tanto necesitan. " Unha das tarefas máis importantes é proporcionar auga potable e saneamento xa que os danos producidos nas canalizacións de auga e as infraestruturas de subministración de auga poñen en perigo as zonas afectadas.Hozumi asegura que nos próximos días se distribuirán en Tacloban tendas de campaña, subministracións contra enfermidades diarreicas, kits de hixiene de emerxencia para 90.000 pacientes e refuxios.UNICEF tamén está a distribuír subministracións didácticas e materiais escolares nas zonas máis afectadas. Esta axuda inclúe tendas, kits de desenvolvemento da primeira infancia, paquetes escolares para estudantes e docentes, así como kits de bibliotecas para ser entregados ás áreas máis afectadas. A axencia da ONU para a infancia está a abrir oficinas en Cebu, Roxas, Tacloban eOrmo, para apoiar o persoal técnico e de loxística que xa está nesas zonas.Calquera persoa pode colaborar con este traballo a través de UNICEF Comité Español:

-          Enviando un SMS** coa palabra UNICEF ao 28028

-          Realizando a súa contribución a través de www.unicef.es

-          Chamando ao 900 907 900

-          Nas seguintes contas bancarias:

BBVA           0182 2370 40 0208517159

Caixabank   2100 5731 70 0200005001

Santander   0049 1804 16 2610410756

Banesto       0030 8301 78 0000046271

ING Direct   1465 0100 95 6000000000

Máis información sobre a emerxencia en Filipinas:

http://www.unicef.es/emergencia-tifon-filipinas

Más información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]