Chegan materiais de axuda de UNICEF á fronteira entre Libia e Túnez

Unhas 47 toneladas de materiais de axuda de UNICEF chegaron á cidade de Ben Guerdane, preto da fronteira entre Libia e Túnez, para cubrir as necesidades da poboación nas áreas de saúde, protección infantil, nutrición, auga, saneamento e hixiene.

Unhas 47 toneladas de materiais de axuda de UNICEF chegaron á cidade de Ben Guerdane, preto da fronteira entre Libia e Túnez, para cubrir as necesidades da poboación nas áreas de saúde, protección infantil, nutrición, auga, saneamento e hixiene. "Debido a que máis familias están a cruzar a fronteira para fuxir da violencia, UNICEF e os seus aliados están a aumentar a súa resposta para cubrir as necesidades humanitarias" asegura Maria-Luisa Fornara, representante de UNICEF en Túnez.UNICEF tamén se está a preparar para unha resposta inmediata en Libia, tan pronto como se autorice o acceso e a situación de seguridade o permita. Os materiais actualmente dispoñibles preto da fronteira son:

  •  Ao redor de300 bases de latrinas que se están a instalar actualmente e que mellorarán significativamente as condicións sanitarias dos campamentos.  
  •  10.000 mantas
  •  Preto de5.000 kits de hixiene  
  •  100 kits de desenvolvemento da primeira infancia,que inclúen xoguetes e materiais para debuxar.

Ademais inclúense materiais como vacinas, kits de primeiros auxilios, colectores de auga e materiais de recreación.

O campamento deChoucha na fronteira entre Túnez e Libia acolle actualmente unhas 300 familias e 120 nenos, a maioría deles menores de 2 anos. Para evitar o brote de calquera enfermidade o Ministerio de Sanidade, en colaboración con UNICEF e outros aliados no terreo, lanzaron hoxe unha campaña para vacinar os nenos contra enfermidades comúns.  

A pesar de que o número de familias que foxe de Libia é relativamente pequeno,UNICEF segue preocupada pola situación que se vive na fronteira e polo impacto da violencia no benestar das mulleres e os nenos. UNICEF reitera a mensaxe do Secretario Xeral daONU, quen pediu o fin da violencia e que se permita o acceso de axuda humanitaria a Libia.

Algúns informes sinalan que nenos e adolescentes están a participar nas revoltas, o que resulta particularmente alarmante. UNICEF urxe a todas as partes a asegurar que os dereitos da infancia sexan protexidos en todo momento.  

Acerca de UNICEF

UNICEF traballa no terreo en máis de 150 países e territorios para tratar de garantir aos nenos e as nenas o dereito a sobrevivir e a desenvolverse dende a primeira infancia ata a adolescencia. UNICEF, que é o maior provedor de vacinas para os países en desenvolvemento, traballa para mellorar a saúde e a nutrición da infancia; o abastecemento de auga e saneamento de calidade; a educación básica de calidade para todos os nenos e nenas e a protección dos nenos e as nenas contra a violencia, a explotación e o VIH/SIDA.UNICEF está financiado na súa totalidade polas contribucións voluntarias de individuos, empresas, fundacións e gobernos.  

Más información:

Para máis información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]

www.unicef.es