Cen nenos nacen cada día nas zonas afectadas polo terremoto de Ecuador

Un mes despois do sismo, UNICEF só recibiu o 15% dos fondos necesarios

Uns 100 nenos de media nacen cada día en Esmeraldas e Manabí, as provincias máis afectadas polo terremoto de Ecuador, segundo UNICEF.

"Nunha rexión onde 1 de cada 5 nenos sofre diarrea e desnutrición crónica, é esencial dar a estes nenos os medios básicos para sobrevivir e prosperar", dixo Grant Leaity, representante de UNICEF en Ecuador.
 
O terremoto do 16 de abril acabou coa vida de 660 persoas, esnaquizou os sistemas de auga e causou danos en 33 centros de saúde, a metade dos cales xa non están operativos. O terremoto tamén danou ou destruíu unhas 560 escolas e preto de 10.000 edificios.
 
A resposta inmediata do Goberno, permitiu que o 75% dos nenos puidesen regresar á escola, máis de 30.000 persoas están acollidos en refuxios oficiais e reciben asistencia básica e apoio psicolóxico e médico. Co apoio de UNICEF, restaurouse o acceso á auga en Jama e Pedernales, dúas das cidades máis afectadas polo terremoto.
 
Con todo, un mes despois, miles de persoas viven en refuxios informais sen servizos básicos e 120.000 nenos están en necesidade urxente de espazos temporais de aprendizaxe.
 
UNICEF está a traballar co Goberno e outras organizacións para asistir á poboación máis vulnerable:

·        Co Ministerio de Educación mediante a instalación de espazos temporais de aprendizaxe para 20.000 nenos e a distribución de 750 escolas nunha maleta que servirán a 60.000 nenos. Os primeiros espazos temporais de aprendizaxe de Pedernales e Jama teñen capacidade para 5.600 nenos e estanse preparando espazos adicionais en Pedernales, Jama, Matal, Chorerra e Muisne.

 
 Coa Autoridade Nacional da auga e as municipalidades, están a porse en marcha servizos de auga e saneamento nos refuxios para persoas desprazadas e as escolas temporais, e estase provendo de auga potable e servizos de saneamento en áreas onde a rede de auga destruíuse.
 
·         Co Ministerio de Inclusión Social, hase provisto de apoio psicosocial e promoveuse o deporte e as actividades culturais para os nenos e adolescentes para axudarlles na súa recuperación emocional.
 
·         Apoio ao Ministerio de Saúde no establecemento de protocolos para a revisión de casos de desnutrición crónica; desenvolvemento de mensaxes comunitarias para prevención de enfermidades transmitidas por vectores como o zika, o dengue ou o chikungunya; provisión de micronutrientes e vitamina A para a nutrición, zinc e sales de rehidratación oral para a diarrea; tendas de campaña para substituír aos centros de saúde destruídos e provisión de postos de saúde temporais preto das zonas de refuxio. Vanse a pór en marcha espazos amigos dos bebés en Pedernales, Jama e Muise.
 
Os fondos recibidos seguen sendo extremadamente baixos. UNICEF necesita 15 millóns de dólares para cubrir as necesidades de 250.000 nenos até mediados de xullo. Até agora, só recibiu o 15% desta cantidade.
 
"Se a comunidade de doantes non aumenta o seu apoio, estaremos a fallar a miles de nenos", advertiu Leaity.

Para apoiar aos nenos de Ecuador:

www.unicef.es/ecuador

Tel. 902 31 41 31

TRANSFERENCIA BANCARIA:

Santander ES51 0030 8301 7700 0030 4271

Caixabank ES39 2100 5731 7002 0000 5001

ING Direct ES98 1465 0100 9560 0000 0000

Acerca de UNICEF

UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas partes.

Más información:

Diana Valcárcel, UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]

www.unicef.es

Síguenos en  Facebook  Twitter Youtube Instagram