Catro meses despois do tifón Haiyan/Yolanda

UNICEF: mellora a situación dos nenos filipinos pero aínda queda moito para a recuperación total

Catro meses despois de que o tifón Haiyan arrasase Filipinas, o país avanza cara á recuperación, como demostra a reapertura de centros de saúde, o restablecemento da subministración de auga potable ou a volta dos nenos á escola, aínda que sexa en centros temporais.

Non obstante, as necesidades dos nenos seguen sendo grandes e aínda perduran os restos dadestrución provocada por Haiyan como recordatorio de que aínda queda moito por facer para recuperar a normalidade nas vidas e as comunidades devastadas, segundo un informe publicado hoxe por UNICEF. "O tifón golpeou algunhas das zonas máis pobres do país, onde antes do desastre arredor do 40 por cento dos nenos vivía na pobreza," dixo Abdul Alim, Representante interino de UNICEF en Filipinas. "Os nenos estaban entre os máis afectados polo desastre, e eles están no centro da nosa resposta. " "Agora estamos no longo camiño cara á recuperación total. " O informe Catro meses despois do tifónHaiyan documenta o traballo deUNICEF e dos seus colaboradores para que 930.000 persoas teñan acceso a auga potable e que máis de 231.000 nenos teñan subministracións de hixiene en escolas e espazos amigos da infancia. Ademais, uns 83.200 nenos foron vacinados contra o sarampelo, 55.300 recibiron suplementos de vitamina A e revisouse o estado nutricional de 97.000 nenos.UNICEF tamén apoiou o restablecemento dun ámbito protector para os nenos afectados, chegando a dar apoio psicosocial a 17.000 nenos co fin de que superen o trauma causado polo desastre e reducir o elevado risco de que sexan vítimas de abuso e violencia. Pero o informe tamén deixa claro que a recuperación vai levar moito tempo. Poden pasar anos antes de que as comunidades se recuperen deste desastre, e aínda persisten riscos para os nenos, como brotes de epidemias, problemas no acceso á educación, unha maior exposición á violencia, a explotación ou os abusos, e tamén continúa o risco de que mulleres e nenos poidan sufrir desnutrición.

UNICEF e os seus aliados estanse a centrar en asegurar que a axuda está a mellorar a capacidade de resistencia e de superación das comunidades afectadas, ademais de dar apoio humanitario urxente e restaurar servizos esenciais. Os traballos de emerxencia están dirixidos aos nenos máis necesitados, con especial atención a aqueles que se encontran nas 40 zonas máis afectadas. UNICEF traballa xunto a organismos públicos, a sociedade civil e as comunidades sobre o terreo, con mecanismos para que as poboacións afectadas opinen sobre a distribución da axuda e que chegue aos máis vulnerables. "Estamos moi agradecidos polo apoio masivo logrado a nivel global a favor dos afectados polo tifón, que fixo posible un progreso real e permitiu salvar as vidas dos nenos", dixo Alim. "Conseguiuse moito en catro meses, grazas ao espírito indomable e o traballo duro da xente das Filipinas, e ao apoio mundial que foi verdadeiramente notable e xeneroso. " "Sabemos por experiencia que se necesita tempo e un esforzo continuado para que os nenos recuperen as forzas e para axudarlles a retomar as súas vidas. UNICEF estará aquí moito tempo, axudando aos nenos de Filipinas en todo o proceso de recuperación," agregou.

# # #

 UNICEFfortaleceu os seus sistemas de seguimento da resposta humanitaria polo tifón Haiyan e desenvolveu un sistema integrado de monitorización do traballo. O sistema proporciona información sobre a distribución de subministracións humanitarias, rastrexa a entrega a axencias colaboradoras,monitorea o traballo dos aliados e avalía a idoneidade, calidade e satisfacción dos beneficiarios. Dende decembro de 2013, enquisouse a máis de 7.200 familias situadas en comunidades e centros de evacuación acerca dos servizos humanitarios que se lles subministrou como saneamento, auga, hixiene, educación, saúde, protección infantil e nutrición. Actualmente está en marcha un proceso de recompilación de máis datos sobre os 40 municipios prioritarios para UNICEF. Ata o momento, o traballo de UNICEFlogrou estes resultados: Auga, Saneamento e HixieneUNICEF logrou que 930.000 persoas tivesen acceso a auga potable, distribuíndo auga embotellada e mellorando a rede de subministración de auga corrente. Máis de 76.000 persoas recuperaron o acceso a servizos de saneamento. Para evitar o contaxio de enfermidades -especialmente diarrea-,UNICEF e os seus aliados distribuíron subministracións de hixiene a máis de 231.000 nenos en diferentes escolas. Educación

UNICEF e os seus aliados distribuíron material educativo a 430.000 nenos nas zonas afectadas. Preto de 153.000 nenos recibiron mochilas e materiais escolares e uns 132.000 nenos beneficiáronse dos 1.320 espazos temporais de aprendizaxe apoiados por UNICEF, e que están equipados con kits de escola nunha maleta, de ocio e recreación, de primeira infancia e materiais de desenvolvemento. Saúde Máis de 83.200 nenos menores de cinco anos foron vacinados contra o sarampelo e máis de 82.100 contra a poliomielite. Os esforzos centráronse na maioría das zonas de risco, incluídos os centros de evacuación e as comunidades nos que se detectaron casos de sarampelo ou existían sospeitas. Para UNICEF tamén é importante levar a cabo un traballo que fomente a resistencia da poboación e as comunidades a futuros desastres, e para iso equipou 50 centros de saúde con neveiras con enerxía solar, para evitar interrupcións en caso de que se produzan cortes da subministración eléctrica. Protección da Infancia Uns 17.000 nenos benefícianse agora de 89 espazos amigos da infancia situados nas rexións afectadas polo tifón, grazas ao traballo de UNICEF e os seus aliados. Os nenos que acoden a estes espazos teñen a oportunidade de participar en actividades -xogos, actividades lúdicas ou clases informais- para promover a súa recuperación psicosocial. Os profesores foron adestrados para apoiar os nenos en clase, e máis de 350 traballadores sociais e coidadores foron formados para apoiar psicoloxicamente os nenos e tamén para previr violencia, explotación, abuso e tráfico. Nutrición 55.300 nenos recibiron suplementos de Vitamina A xunto a vacinas contra o sarampelo grazas ao traballo de UNICEF e os seus aliados.UNICEF tamén analizou 97.000 nenos para detectar casos de desnutrición e puxo en marcha 52 espazos amigos de nais e bebés que foron utilizados por 10.799 mulleres embarazadas e lactantes. Estes espazos ofrecen asesoramento sobre a lactación materna e a alimentación complementaria ás mulleres. Como medida de prevención, UNICEF tamén almacenou alimento terapéutico con capacidade para tratar 6.000 nenos con desnutrición aguda grave.

Más información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España

Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]