A campaña 'Agora non podemos parar' sae á rúa para recordar que 17.000 nenos morren hoxe por causas evitables

Unha marquesiña interactiva en Madrid esperta a curiosidade dos peóns ante os ollos pechados de Iridé, o protagonista da campaña de UNICEF España. Polo custo dun SMS pódese vacinar un neno contra enfermidades mortais.

Amence na gran cidade. Unha marea de xente móvese dun lado a outro e cada un segue o seu camiño. Hai unha testemuña inmóbil en todo o que sucede arredor, é a imaxe a gran tamaño de Iridé, un neno de Burundi que mantén os ollos pechados a pesar do crecente atafego. Sobre a imaxe unha mensaxe di "Envía UNICEF ao 28028 * e axúdanos a seguir salvando vidas" e hai dous botóns, coas opcións de enviar ou cancelar. Esta é a historia dun amañecer en Madrid na que unha marquesiña interactiva da campaña de UNICEF Comité Español Agora non podemos parar, recordaba que 17.000 nenos menores de cinco anos morren cada día por causas que podemos evitar e que todos podemos axudar a seguir recortando este dato arrepiante.

Os avances conseguidos nos últimos anos permitiron reducir case á metade a mortalidade infantil dende 1990, pasando dos 12,7 millóns de nenos que morreron por causas evitables naquel ano aos 6,3 millóns de 2013. Pero esta cifra segue sendo inadmisible, xa que estas mortes se poden evitar con medidas como ter auga potable, unha nutrición axeitada e suficiente, vacinas, medicamentos ou subministracións como as mosquiteiras.Iridé, protagonista do anuncio da campaña Agora non podemos parar, representa a todos os nenos que poderían sobrevivir se tivesen acceso a todo o que necesitan para garantir o seu dereito á supervivencia. Iridé tiña pneumonía o ano pasado e recuperouse grazas a que a súa nai puido levalo a tempo a un centro onde puido recibir o tratamento que necesitaba. Non todos os nenos corren a mesma sorte nun mundo no que a pneumonía, a diarrea e a malaria seguen sendo as principais causas de mortalidade infantil. Os peóns que se pararon ante a marquesiña foron conscientes do que a axuda de cada persoa supón cando, ao seleccionar 'enviar' os intensos ollos de Iridé se abrían, simbolizando o sinxelo que é salvar unha vida. Pero fan faltan moitos recursos para non parar de salvar vidas. Agora non podemos parar busca seguir sumando recursos para a loita contra a mortalidade infantil, a través de sinxelos xestos como o envío dun SMS* coa palabra UNICEF ao 28028. As reaccións dos peóns ante esta acción en Madrid, deseñada porYmedia, foron gravadas nun vídeo que se pode ver en http://bit.ly/1usGQyL e compartir a través das redes sociais de UNICEFComité Español. Cada persoa que participe na campaña estará a contribuír directamente ao traballo de UNICEF que salva vidas evitando enfermidades que se poden previr doadamente cunha vacina, unha mosquiteira ou acceso a auga potable. As campañas de vacinación evitan entre 2 e 3 millóns de mortes cada ano por difteria, tétanos, tose ferinae sarampelo. UNICEF, que é o maior provedor de vacinas do mundo, en 2013 subministrou 2.790 millóns de vacinas para inmunizar un terzo dos nenos do mundo. O uso de mosquiteiras prevén nun 20% a mortalidade infantil por causa da malaria. En 2013, UNICEF repartiu máis de 30 millóns de mosquiteiras para protexer os nenos e as súas familias contra esta enfermidade.

A desnutrición está detrás de preto da metade das mortes infantís que se producen en todo o mundo. Con esforzos de prevención e cun tratamento axeitado moitas destas vidas pódense salvar. En 2013 UNICEF proporcionou tratamento contra a desnutrición aguda grave a 2,4 millóns de nenos en emerxencias. O acceso a auga potable prevén as enfermidades diarreicas que causan 567.000 mortes de menores de cinco anos cada ano. En 2013,UNICEF contribuíu a que 24,3 millóns de persoas tivesen acceso a auga potable en emerxencias.UNICEF, grazas á axuda de todos os seus socios e doadores, encóntrase nunha situación única para seguir avanzando en materia de supervivencia infantil, porque traballa cunha ampla rede de aliados, dende os que toman as decisións a todos os niveis ata as ONG e as comunidades locais e as familias. UNICEF traballa en máis de 150 países en desenvolvemento con equipos profesionais e estables en programas a longo prazo que cada ano salvan a vida de miles de nenos. Para poder seguir contribuíndo a esta loita pola supervivencia dos nenos, UNICEF Comité Español fai un chamamento coa campaña Agora non podemos parar, baseada na idea de que, ante a paulatina redución da mortalidade infantil non podemos parar de seguir salvando vidas.

Para contribuir ao traballo de UNICEF contra a mortalidade infantil:

Envío de SMS coa palabra UNICEF ao 28028*: 1,20 euros íntegros para UNICEF. Con esta cantidade pódese vacinar un neno contra varias enfermidades mortais.

Web: www.unicef.es/ahoranopodemosparar/

Teléfono: 902 31 41 31

*IMPORTE DO SERVICIO DE SMS 1,20€ ÍNTEGRO PARA UNICEF. Válido para Movistar, Vodafone, Orange, Yoigo e Euskaltel. Número sen fins comerciais. Operado por UNICEF. N.atn.clte: 902228028, [email protected]. Información legal e protección de datos: www.unicef.es

Para descargar o vídeo:

ftp://video.unicef.es/campana_unicef_2014/streetmarketing

Usuario: Refcom

Contrasinal: uce442087

Acerca de UNICEF

UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas as partes.

Más información:

Raquel Fernández

UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]