A calor do verán empeora as condicións nas que se encontran os nenos de Sirya

UNICEF continúa traballando dentro de Sirya e nos países veciños para subministrar auga, saneamento e hixiene de xeito continuo

As altas temperaturas do verán, o amoreamento e a deterioración das condicións hixiénicas son as novas ameazas ás que se enfrontan ao redor de 4 millóns de nenos afectados polo conflito de Sirya.

"Sen suficiente auga potable e saneamento, aumenta a probabilidade de que os nenos que se encontran en Sirya e os que viven como refuxiados na rexión, enfermen de diarrea e outras enfermidades", dixo Maria Calivis, Directora Rexional de UNICEF para Oriente Medio e o norte de África. En Sirya, só ten acceso a auga potable unha terceira parte da poboación que o tiña antes da crise. Moitos dos máis de 4,25 millóns de sirios desprazados, viven amoreados en refuxios con acceso insuficiente a servizos sanitarios e duchas. Os sistemas de rede de sumidoiros están danados ou colapsados polo aumento das poboacións desprazadas. En campos de refuxiados como Domiz(Iraq), con capacidade para 25.000 persoas aínda que acolle o dobre, as condicións son tamén malas. E no campo de Za'atari, en Xordania, as axencias están a loitar por cubrir as necesidades do que hoxe é o segundo maior campo de refuxiados do mundo, que acolle unhas 120.000 persoas. En Líbano, máis de medio millón de refuxiados encóntranse dispersos nas comunidades de acollida e nos asentamentos informais levantados con tendas de campaña, saturando aínda máis os servizos de auga e saneamento existentes. Moitas familias comparten pequenos apartamentos ou viven en asentamentos improvisados que carecen de acceso a auga potable, servizos sanitarios básicos e recollida de residuos. A miúdo as mulleres e os nenos teñen que percorrer a pé longas distancias para recoller auga que, en moitos casos, nin sequera é potable.

A medida que se recrúa o conflito aumentan os movementos de poboación, polo que UNICEF está a intensificar o seu traballo para subministrar auga, saneamento e hixiene. No que vai de ano, UNICEFapoiou case 9 millóns de persoas. Dentro de Sirya instaláronse novos xeradores e reparáronse os sistemas de subministración de auga e as plantas potabilizadoras mesmo nas zonas onde se produciron intensos combates. No campo de Za'atari, en Xordania,UNICEF e os seus aliados subministran cada día máis de 4 millóns de litros de auga ao tempo que rehabilita as infraestruturas de subministración de auga e as redes de distribución das cidades próximas. Tamén se están a instalar as infraestruturas necesarias para garantir auga no novo campo de refuxiados en Azraq. En Líbano, no que vai de ano, UNICEF e os seus aliados do sector de auga, saneamento e hixiene distribuíron case 100.000 kits de hixiene persoal, como xampú, xabón e deterxente a máis de 430.000 persoas. A falta de fondos segue sendo un problema. "A subministración de auga, saneamento e hixiene aos afectados pola crise é a partida máis custosa, e unha das que contan con menos fondos", dixoCalivis.UNICEF necesita máis de 200 millóns de dólares (151,45 millóns de euros) para continuar os seus programas de auga, saneamento e hixiene en Sirya, Líbano, Xordania e Iraq ata finais de ano. Estamos a punto de chegar a mediados de ano, e aínda faltan 124 millóns de dólares (93,87 millóns de euros) para poder chegar ao obxectivo previsto.

Máis información sobre o traballo de UNICEF en Sirya:

http://www.unicef.es/infancia/emergencias-ayuda-humanitaria/crisis-en-siria

Más información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España

Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]