A axuda de UNICEF en educación chega a 30.000 escolares en Vanuatu

Mentres os colexios de Vanuatu reabren de xeito oficial, UNICEF e os seus aliados están a dar apoio ao goberno para proporcionar asistencia a 30.000 escolares dende educación infantil a secundaria que foron afectados polo ciclón tropical Pam, de categoría 5.

Segundo os datos das avaliacións iniciais, o 50% das escolas das provincias dTafeaTorbaPenamaMalampa e Shefa sufriron danos nas súas infraestruturas, instalacións ou recursos. Das 400 escolas afectadas (incluíndo Centros de Educación Temperá, escolas de primaria e de secundaria), 250 sufriron este tipo de danos.

UNICEF, en colaboración co goberno de Vanuatu e aliados como Save the Children, está a proporcionar asistencia urxente aos colexios coa distribución de subministracións educativas e recreativas, tendas de campaña para ser utilizadas como aulas temporais, e kits escolares que darán alivio temporal aos nenos e apoio aos profesores e estudantes para continuar as clases. Os primeiros envíos por barco xa chegaron a nenos en áreas gravemente afectadas, como as Illas Sheperd e a Isla Efate. Xa hai máis subministracións en camiño cara ás comunidades afectadas ao longo de todo o país.

Non obstante, mentres moitos colexios reabren e os nenos deVanuatu volven a clase, algúns terán que esperar moito máis para retomar os seus estudos. Nenos como Joyleen, de 16 anos, da Isla Ifira, cuxa escola completamente destruída tardará máis de dous meses en reabrir. Mesmo en comunidades onde as escolas sofren danos parciais, o número de nenos que está a volver a clase é baixo.

Catherine Warsal, directora adxunta da escola primaria Sant Joseph, da Isla Efate, inform
ou hoxe de que só 170 dos seus 330 alumnos volveron a clase no primeiro día. Estou preocupada polos que non volveron, o máis probable é que as súas casas fosen destruídas e non poidan volver. Aos nenos gústalles o colexio e encántalles vir, así que espero que poidan volver pronto,".

Na Isla Tanna, gravemente afectada, o director do colexio presbiteriano LenakelShim George, enfróntase a unha ardua batalla para continuar as clases. Seis das dez aulas foron destruídas, así como o comedor, os dormitorios dos rapaces e cuartos dos profesores. Todos os recursos educativos sufriron danos. Levaranos un tempo recuperarnos e volver á normalidade. Aos estudantes afectaralles moito, especialmente aos de último ano, que teñen exames importantes. Gustaríanos que poidan continuar os seus estudos o antes posible, dalgún xeito e nalgún lugar, para que non se vexan tan afectados".

A representante de UNICEF Pacífico, Karen Allen, engade que "tras unha emerxencia é de vital importancia para os nenos volver ao colexio, mesmo se é nunha situación ou instalación temporal, porque a escola lles mantén a salvo de perigos, a interrupción mínima da súa aprendizaxe permítelles progresar cara aos seus exames como se esperaba, e a xornada escolar lles dá unha sensación de normalidade e estabilidade que lles axuda ao seu recuperarse psicoloxicamente".

UNICEF tamén está a enviar mochilas "de volta ao cole" con subministracións escolares para os nenos afectados polo ciclón en Tuvalu, un arquipélago formado por nove illas onde continúa o estado de emerxencia tras os fortes ondadas causados polo ciclón tropical Pam, que afectou ás illas do norte.

"A miúdo cubrir o custo de repoñer os artigos escolares é demasiado para unha familia, cando as súas casas, as súas posesións e o seu medio de vida foron danados ou destruídos," dixo Allen. "Estes kits facilitan a volta ao cole dos nenos e son un recordatorio de que a educación debería permanecer como unha prioridade para os estudantes afectados e as súas familias, mesmo cando se enfrontan a enormes retos,".

Durante as próximas semanas UNICEF traballará estreitamente coas escolas como parte dun esforzo nacional en Vanuatu para asegurar que todos os nenos nos países afectados polo ciclón Pam poida
n retomar os seus estudos.

Imaxes e videos dispoñibles para a súa descarga (por favor incluír crédito UNICEF):

http://uni.cf/1Eh6Z8J

Para contribuir ao traballo de UNICEF en emerxencias:

https://www.unicef.es/cooperacion-internacional/donar-ong/hacer-donacion/fondo-de-emergencias

Más información: