Avance sen precedentes na loita contra o VIH/SIDA

Os falecementos relacionados co VIH/SIDA redúcense un 22% nos últimos cinco anos

O progreso producido a nivel mundial tanto na prevención coma no tratamento do VIH/SIDA pon de manifesto os beneficios dun investimento estable e a longo prazo. O último informe presentado hoxe pola Organización Mundial da Saúde (OMS), o Fondo de Nacións Unidas para a Infancia (UNICEF) e o Programa Conxunto de Nacións Unidas sobre a SIDA (ONUSIDA) Informe sobre a Resposta Global ao VIH/SIDA revela que a mellora do acceso aos servizos relacionados co VIH tivo como resultado un descenso do 15% no número de novas infeccións durante a última década. Ademais, nos últimos cinco anos conseguiuse reducir nun 22% o índice de mortalidade por causas relacionadas co VIH/SIDA.

"O mundo tardou dez anos en logralo" dixo Gottfried Himschall, Director do departamento de VIH na Organización Mundial da Saúde. "Hai unha posibilidade real de avanzar contra a epidemia. Pero iso unicamente se pode conseguir mantendo e acelerando este impulso durante as próximas décadas". Os avances producidos na investigación do VIH/SIDA e a innovación aplicada aos programas durante o último ano representan unha esperanza para o futuro. Especialmente en tempos de austeridade económica, será primordial poñer en marcha os últimos achados e as novas tecnoloxías para mellorar a eficiencia e efectividade dos programas contra oVIH/SIDA en moitos países. O informe destaca importantes avances:  

•O acceso mellorado aos servizos de diagnose do VIH/SIDA fixeron posible que o 61% das mulleres embarazadas no Leste e o Sur do continente africano puidesen realizarse a proba do VIH e recibir asesoramento. Esa cifra contrasta con só o 14% de mulleres en estado de xestación que podían someterse a esa análise en 2005.

Preto da metade (48%) das mulleres embarazadas que requiren medicamentos para previr a transmisión do VIH aos seus fillos recibírono en 2010.

•A terapia ou tratamento antirretroviral(ART), que non só mellora a saúde e o benestar das persoas que viven co VIHsenón que tamén prevén a transmisión, encóntrase agora a disposición de 6,65 millóns de persoas en países de renda per cápita media e baixa. En total, o 47% das 14,2 millóns de persoas que o necesitan dispoñen dese tratamento.

Cando as persoas están máis sas, están máis capacitadas para saír adiante economicamente. O informe admite que o investimento en servizos deVIH/SIDA podería conducir a uns beneficios totais de ata 34.000 millóns de dólares en 2020 grazas a un incremento da actividade económica e a produtividade, moito máis que o custo dos programas de tratamentos antirretrovirales. "2011 foi un ano de cambio. Con novos achados, liderado político sen precedentes e un progreso continuado na resposta contra a SIDA, os países teñen unha oportunidade para levar as súas accións ao seguinte nivel", explica Paul De Lay, Director Executivo Adxunto do Programa ONUSIDA. "Investindo de xeito prudente, os países poden aumentar a eficiencia, reducir custos e mellorar os resultados. Non obstante, os beneficios conseguidos ata a data veranse ameazados por unha caída nos recursos para a SIDA, advirte.

O informe tamén sinala retos pendentes:

- Máis da metade das persoas que necesitan terapia antiretroviral en países con rendas per cápita baixa e media aínda non teñen acceso a ela. Moitas delas nin sequera saben que teñen o virus do VIH.

- A pesar de que as probas demostran en que deben centrarse os esforzos para lograr un grande impacto, algúns países aínda están a deseñar os seus programas para quen máis risco corren. Na maioría dos casos son grupos de nenas adolescentes, persoas que se inxectan drogas habitualmente, homes que manteñen relacións sexuais con outros varóns, transexuais, persoas cuxa ferramenta de traballo é o acto sexual, prisioneiros e inmigrantes que non teñen posibilidade de acceder aos servizos de prevención e tratamento do VIH/SIDA.

En todo o mundo, a maioría (64%) de persoas que viven co VIH/SIDA e unha franxa de idade comprendida entre os 15 e os 24 anos son mulleres. O índice é mesmo máis elevado en África subsahariana, onde as nenas e as mozas infectadas alcanzan un 71%. O principal motivo é que nin sequera coñecen as medidas de prevención. Algunhas poboacións clave vense continuamente marxinadas. En Europa do Leste e Asia Central, máis do 60% das persoas que viven conVIH/SIDA inxéctanse drogas de xeito habitual. Non obstante, ese colectivo corresponde só ao 22 por cento daqueles que reciben tratamento antirretroviral.

Aínda que a mellora dos servizos de prevención da transmisión de nai a fillo evitou unhas 350.000 novas infeccións, en torno a 3,4 millóns de nenos viven con VIH/SIDA e moitos deles non teñen tratamento. Só un de cada catro nenos dos que necesitaba recibir a terapia antirretroviral nos países de rendas per cápita baixas ou medias, púidoa recibir en 2010. Contrasta esta cifra coa cifra que se rexistra en adultos, pois un de cada dous persoas que necesitaron o tratamento, recibírono. "Mentres que os adultos puideron beneficiarse de tratamentos, coidados e apoio, percibimos que o progreso para os nenos é máis lento", sinala Leila Pakkala, Directora de UNICEF en Xenebra. "A cobertura das intervencións para os nenos segue sendo alarmantemente baixa. A través da acción coordinada e as estratexias centradas na igualdade, debemos asegurarnos de que os esforzos globais funcionarán para os nenos tanto como para os adultos".

O VIH por rexións e países

En 2010, o comportamento da epidemia do VIH e as diferentes respostas que se dan en todo o mundo variaron de acordo coas tendencias, as taxas de progreso e os resultados que se foron obtendo. En África subsahariana rexistrouse o maior incremento anual global, un 30%, en canto ao número de persoas que acceden a tratamentosantirretrovirales (ART). tres países (Botswana, Namibia e Ruanda) lograron a cobertura universal (80%) na prevención do VIH/SIDA, tratamento e atención. A taxa de cobertura de ART rexional situouse en 39% a finais de 2010. Aproximadamente o 50% das mulleres embarazadas que viven co VIH/SIDA reciben tratamento para previr a transmisión de nai a fillo. E o 21% dos nenos necesitados reciben tratamentos para o VIH. Nestes anos producíronse 1,9 millóns de novas infeccións na rexión, onde 22,9 millóns de persoas viven coVIH/SIDA. Hai algunhas diferenzas importantes entre as diferentes partes da rexión. Os países de África oriental e meridional alcanzaron unha alta taxa de cobertura de antirretrovirales (56%) e tratamentos para evitar a transmisión nai a fillo (64%), moito maior que a rexistrada en países de África occidental e central (30% e 18% respectivamente). Asia mostra unha estabilización da epidemia global, pero as novas infeccións son moi altas nalgunhas comunidades. Dos 4,8 millóns de persoas que viven con VIH/SIDA en Asia, case a metade (49%) están en India. A cobertura a tratamentosantirretrovirales é cada vez maior xa que o 39% dos adultos e os nenos que necesitan o acceso ao tratamento contra o VIH, teñen acceso a el. Aínda así, a cobertura dos servizos de prevención é relativamente baixo (16%).

A rexión de Europa oriental e Asia central presenta un crecemento importante no número de persoas que viven con VIH, aumentando as novas infeccións un 250% na última década. Máis do 90% destas infeccións prodúcense en só dous países: Rusia e Ucraína. A rexión demostra altas taxas de cobertura para o tratamento do VIH e pediátricos (cun 78% e un 65% as taxas de cobertura, respectivamente). Non obstante, a cobertura de ART é moi baixa (un 23%), especialmente entre as persoas que se inxectan drogas. Oriente Medio e África do Norte rexistra o maior número de infeccións producidas na rexión (59.000 en 2010), o que representa un aumento dun 36% respecto ao ano pasado. A cobertura dos tratamentos contra o VIH/SIDA son moi baixos na rexión: 10% de ART, o 5% para o tratamento pediátrico e o 4% para a PTMI. En América Latina e o Caribe estabilizouse a epidemia, con 1,5 millóns de persoas que viven co VIH/SIDA en América Latina e 200.000 no Caribe. OVIH predomina entre os homes que teñen sexo con homes en América Latina. No Caribe, non obstante, as mulleres son o grupo máis afectado, representando un 53% das persoas que viven co VIH. A rexión conta con cobertura de ART de 63% para os adultos e o 39% dos nenos. A cobertura de réxime eficaz dePTMN é relativamente alta, cun 74%.

Manter a resposta ante o VIH nos próximos 10 anos

- Os países xa están a mostrar melloras na eficiencia dos programas de VIH: África do Sur reduciu os custos dos medicamentos contra o VIH en máis do 50% nun período de dous anos mediante a implementación dunha nova estratexia de licitación para a contratación. Uganda aforrou 2 millóns de dólares simplificando os tratamentos pediátricos. Estas prácticas eficientes promóvense a través de Tratamento 2.0 - unha iniciativa lanzada pola OMS eONUSIDA en 2010 para promover a forma máis simple, máis barata e máis doada de administrar do tratamento do VIH, así como as ferramentas de diagnóstico e a descentralización dos servizos que se apoian nas comunidades.

- A "Iniciativa de Eliminación" da OMS, ONUSIDA e UNICEF, ten como obxectivo eliminar as novas infeccións por VIH entre os nenos para o ano 2015 e manter con vida as súas nais.

- A OMS está a elaborar unha nova guía sobre o uso estratéxico dos medicamentos antirretrovirales na prevención e tratamento.

- A "Estratexia Mundial do Sector Saúde sobre o VIH / SIDA, 2011-2015", aprobada pola Asemblea Mundial da Saúde en maio de 2011 destaca a importancia de continuar os esforzos para optimizar o tratamento e a prevención do VIH a través dunha serie de enfoques diferentes para reducir o risco das persoas que padecen a enfermidade.

O 2011 "Informe sobre a resposta á epidemia mundial de VIH / SIDA 2011" é o informe máis completo sobre a epidemia e os avances logrados no acceso aos tratamentos de VIH no mundo. Foi desenvolvido conxuntamente polaOMS, UNICEF, ONUSIDA, en colaboración con socios nacionais e internacionais.

O informe completo está dispoñible en :   http://www.who.int/hiv/pub/progress_report2011

Fotos e videos:

https://unicefweb.unicef.es/com/SIDA

Usuario:     Refcom

Contrasinal:   uce442087

Más información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]