Aumenta o número de nenos mortos e feridos polo conflito en Afganistán

Os nenos de Afganistán seguen sendo asasinados e feridos como consecuencia do duradeiro conflito que sofre o país, e estes incidentes van en aumento segundo un informe sobre Nenos e Conflitos Armados dado a coñecer polo Secretario Xeral da ONU, Ban Ki-moon.  

UNICEF mostra a súa preocupación por esta tendencia e repite o seu chamamento a todas as partes do conflito para que garantan que os nenos están protexidos en todo momento, de acordo coa lei humanitaria internacional. Segundo o informe, 1.756 nenos foron asasinados ou ferido debido ao conflito en Afganistán en 2011, unha media de 4,8 por día, mentres que en 2010 foron 1.396. "A morte ou mutilación dun só neno é unha traxedia. Este nivel de sufrimento evitable para os nenos, como indica o informe do Secretario Xeral, é simplemente inaceptable, dixo o Representante Adxunto de UNICEF en Afganistán,Vidhya Ganesh. "É fundamental que todas as partes do conflito fagan todo o posible, de inmediato, para protexer a vida e os dereitos básicos dos nenos de Afganistán. "UNICEF Afganistán pide a todas as partes no conflito aclarar as súas políticas e procedementos para minimizar as baixas de civís, incluídos nenos, e insta ás Forzas de Seguridade Nacional de Afganistán e ás forzas militares internacionais a que garantan a posta en marcha de medidas adecuadas para facer seguimento dos danos provocados a civís, así como de políticas para mitigar os danos o máis pronto posible. Isto unido a unha supervisión axeitada e mecanismos de rendición de contas. En 2011, 316 nenos menores de 18 anos foron presuntamente recrutados no conflito en Afganistán, a maioría dos casos foron atribuídos a grupos armados da oposición. Os nenos utilizáronse para levar a cabo ataques suicidas, para colocar artefactos explosivos e para transportar materiais aos grupos armados.UNICEF fai un chamamento a todos os grupos armados da oposición para que deteñan o recrutamento dos menores de 18 anos e fai un chamamento ao Goberno de Afganistán para garantir a aplicación do Plan de Acción para deter e previr o recrutamento de menores nas Forzas de Seguridade Nacional afgás.

Más información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]

www.unicef.es

Síguenos en Tuenti Facebook Twitter

Visita a nosa televisión dixital tv.unicef.es