Anthony Lake: "A resposta humanitaria global debe ser inmediata"

Intervención do Director Executivo de UNICEF, na reunión celebrada en Roma sobre a crise do Corno de África.

 

Esta é unha fame que afecta aos nenos. A magnitude do sufrimento e das perdas é enorme. As estremecedoras imaxes que estamos a ver do Corno de África e os datos desta emerxencia falan por si sós.

Actualmente, máis de medio millón de nenos está en risco inminente de morte debido á desnutrición aguda. En Somalia, Etiopía e Kenya, estímase que 2,3 millóns de nenos sofren desnutrición aguda. Eles xa estaban entre os nenos máis vulnerables do mundo, vivindo ao bordo do precipicio e sendo máis vulnerables cada día, privados virtualmente de cada necesidade humana e de cada dereito fundamental. E este é un dobre desastre. A situación é máis terrible en Somalia e nos campamentos de refuxiados en Kenya e Etiopía, pero esténdese máis alá, ata chegar ás comunidades agrícolas da rexión, ameazando ás súas xentes e os seus estilos de vida. A fame non é cousa só de alimentos. Senón sobre elección e obriga. A comunidade global non elixiu a súa resposta, polo que non hai opción ante esta sobrecolledora emerxencia.

Para salvar vidas, a resposta humanitaria global debe ser inmediata. Estimamos queUNICEF necesita para a resposta a esta emerxencia aproximadamente 300 millóns de dólares (208,75 millóns de euros) ata finais de 2011. A pesar das significativas contribucións realizadas por moitos gobernos e doadores privados a través dos nosos Comités Nacionais, UNICEF aínda ten un déficit de 200 millóns de dólares (139,15 millóns de euros) para apoiar os nenos e as súas familias. Debemos pechar esa brecha. A resposta tamén debe estar segmentada, para alcanzar primeiro a aqueles que máis o necesitan de xeito inmediato e que están en maior risco, pero tamén intensificando as operacións ata chegar aos que viven nas zonas afectadas pola fame e a seca para apoialos de xeito preventivo. E a resposta debe ser flexible, aplicando diferentes modalidades a cada circunstancia e adaptar a nosa resposta ás condicións e necesidades locais.

No  único no que non deberiamos ser flexibles é na urxencia de actuar e de facelo agora para suplir as necesidades máis inmediatas e para axudarlles a ser máis resistentes no futuro. Ante as condicións que rexurdiron nesta crise e que é probable que continúen, e para axudar aos nenos e as súas familias do Corno de África para que poidan facer fronte a elas.UNICEF aprecia enormemente a xenerosidade da comunidade internacional. Esas contribucións xa están a salvar vidas. Hoxe, temos a posibilidade de facer aínda máis. Cada día que pasa supón a diferenza entre a vida e a morte, a grande escala. Pero tamén no lado máis humano: nunha fame que afecta a millóns de persoas, cada vida conta. E nós contamos con cada un de vós. 

····

Doazóns para a emerxencia nutricional no Corno de África:

Teléfono: 902 31 41 31

SMS: Envía a palabra SOMALIA al28028 **

Web: www.unicef.es

Conta corrente número: 0182-2370-40-0208517159 (BBVA)

Más información:

 

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]