Afganistán: aumenta un 27% nun ano o número de nenos mortos ou feridos no conflito

Aumenta un 27% o número de nenos mortos ou feridos como consecuencia do conflito en Afganistán, en comparación co mesmo período do ano pasado. Do 1 ao 30 de abril, rexistráronse 414 nenos mortos debido ao conflito, fronte aos 327 rexistrados durante o mesmo período do ano anterior. Este forte incremento provoca unha gran preocupación.

O informe do Secretario Xeral das Nacións Unidas sobre os nenos e os conflitos armados, dado a coñecer esta semana, revela que 1.304 nenos morreron en Afganistán en 2012 como resultado das accións de todas as partes no conflito. Estas mortes son inaceptables e o aumento rexistrado nos primeiros meses de 2013 resulta moi preocupante. A maioría das mortes de nenos vinculadas ao conflito producíronse por ataques con artefactos explosivos improvisados (IED, polas súas siglas en inglés) -incluíndo ataques suicidas-, instigados por grupos armados da oposición. A semana pasada, o 3 de xuño, un ataque suicida preto dunha escola na provincia de Paktia provocou a morte de dez nenos e feriu outros sete. Ao día seguinte, na provincia de Farah, un pai e os seus tres fillos morreron cando o seu vehículo foi alcanzado por artefactos nunha estrada. A finais desa semana, o 6 de xuño, un ataque aéreo na provincia de Kunar por parte das forzas militares internacionais provocou a morte de tres nenos e feriu sete máis. Estes tráxicos incidentes, e os moitos outros que non se denuncian, serven para recordar os efectos desvastadores que está a provocar o conflito nos nenos de Afganistán, e tamén a necesidade urxente de poñerlle fin.

UNICEF volve pedir a todas as partes no conflito a que aumenten os seus esforzos para garantir que as vidas dos nenos, as mulleres e outros civís sexan protexidas en todo momento, de conformidade co dereito internacional humanitario. Isto inclúe cambiar compromisos e patróns que permiten que haxa nenos na liña de lume e que os expoñen a morte e feridas.UNICEF insta a todos os grupos armados da oposición a cumprir coa prohibición de usar tácticas indiscriminadas que non distinguen entre civís e combatentes. Isto inclúe ataques suicidas e a colocación de artefactos explosivos improvisados nas zonas comúns onde os nenos e outros civís poidan estar.UNICEF fai un chamamento ás forzas militares internacionais e ao Goberno de Afganistán para que sigan revisando as tácticas e procedementos relativos ás operacións militares, especialmente as aéreas, para evitar vítimas civís, incluíndo nenos.

Más información:

Dailo Allí, Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / [email protected]