59 millóns de nenos viven en situacións de emerxencia en 50 países

UNICEF necesita 2.200 millóns de dólares (1.605 millóns de euros) para axudar a estes nenos e as súas familias. É o seu maior chamamento de emerxencia da historia e case un 40% responde ás necesidades de Sirya e a rexión

UNICEF lanza hoxe Acción Humanitaria para a Infancia 2014, un chamamento de 2.200 millóns de dólares (1.605 millóns de euros) para poder proporcionar asistencia humanitaria esencial a 85 millóns de persoas -entre eles os 59 millóns de nenos- que sofren as consecuencias de conflitos, desastres naturais e outras situacións complexas de emerxencia en 50 países neste ano.

"Acabo de regresar de Sudán do Sur, do último conflito a grande escala que afecta as vidas de millóns de nenos inocentes. Máis de 400.000 nenos e as súas familias quedaron desprazados a causa do conflito, e ao redor de 3,2 millóns de persoas necesitan asistencia humanitaria. A tempada de chuvias achégase e é preciso ter subministracións preparadas e reforzar os servizos esenciais: se queremos evitar unha catástrofe, necesitamos fondos urxentes, dixo Ted Chaiban, Director de Programas de Emerxencia de UNICEF. "Os nenos de Sudán do Sur únense a outros millóns de nenos afectados polos conflitos na República Centroafricana e Sirya. Pero aínda que os titulares de hoxe se centran nestas crises complexas e con escaso financiamento, outras moitas situacións desesperadas requiren tamén fondos inmediatos e asistencia humanitaria urxente. Estas situacións inclúen Afganistán, Colombia, Myanmar, a República Democrática do Congo, Somalia, Iemen e outros países que se reflicten no chamamento deUNICEF," dixo Chaiban.Acción Humanitaria para a Infancia 2014 destaca os problemas que enfrontan os nenos nas crises humanitarias, o apoio necesario para axudarlles a sobrevivir e a desenvolverse, e os resultados que se poden lograr mesmo nas circunstancias máis difíciles. Para Sirya e a subrexión, UNICEFrealiza un chamamento de 835 millóns de dólares (609,25 millóns de euros) para poder prestar asistencia en cuestións vitais como vacinación, auga e saneamento, educación e protección, así como para apoiar a cohesión social e a capacidade de mantemento da paz necesarias para fomentar un futuro máis sostible.

"Os nenos son sempre o grupo máis vulnerable nas situacións de emerxencia, e fan fronte a uns riscos elevados derivados da violencia, a explotación, a enfermidade e o abandono", dixo Chaiban. "Pero cando dispoñemos de apoio, podemos cambiar as vidas dos nenos cara a mellor. Cos seus aliados, UNICEF traballa para abordar unha ampla gama de situacións humanitarias que inclúen a desnutrición no Sahel; a falta de auga potable e de saneamento adecuado en Iemen; a cólera en Haití; os ataques cada vez máis frecuentes contra os nenos en Afganistán; e a seca en Angola". Os fondos que se consigan mediante este chamamento axudarán tamén aUNICEF no seu labor cos aliados para fortalecer a capacidade que teñen as comunidades de facer fronte aos problemas derivados de conflitos ou desastres naturais futuros, a través dun fortalecemento dos sistemas de preparación nacionais e o fomento da capacidade de superación e resistencia (resiliencia) entre os nenos e as comunidades. As contribucións ao chamamento de 2014 de UNICEF permitirán á organización reforzar o seu labor de 2013, cando se lograron, entre outros, os seguintes resultados:

     24,5 millóns de nenos foron vacinados contra o sarampelo;

  • Preto de 20 millóns de persoas con acceso a auga para beber, cociñar e aseo persoal;
  • 2,7 millóns de nenos con acceso a unha educación de mellor calidade, tanto formal coma informal;
  • 1,9 millóns de nenos recibiron tratamento para a desnutrición aguda grave; y
  • 935.000 nenos recibiron apoio psicosocial.

Non obstante, a falta de financiamento nalgúns países -como Angola, Eritrea, Lesotho e Madagascar- así como os problemas de acceso humanitario, a inseguridade e un problemático ámbito para a operativa, provocaron que moitas necesidades non se puidesen cubrir.UNICEF busca especialmente recursos que non estean asignados a programas ou situacións de emerxencia específicos. Isto permite á organización responder en situacións de emerxencia nas que non hai fondos abondo ou alí onde as necesidades sexan maiores, aplicar solucións innovadoras a situacións complexas e integrar os programas de recuperación temperá nas situacións de emerxencia de grande escala, moitas das cales afectan simultáneamente a varios países.

O chamamento Acción Humanitaria para a Infancia 2014 e a información por países pode encontrarse aquí: www.unicef.org/appeals

Nota para os editores

Os 50 países e zonas que recolle Acción Humanitaria para a Infancia destacan debido á escala das súas crises, a urxencia das súas consecuencias sobre os nenos e as súas familias, a complexidade da resposta e a capacidade de responder.

Más información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España

Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]