2,5 millóns de nenos afectados por novas inundacións en Paquistán

UNICEF subministra axuda de emerxencia en colaboración co goberno e outras axencias de Nacións Unidas  

Islamabad, Paquistán, 11 de setembro de 2011- Unos 2.500.000 nenos víronse afectados polas fortes inundacións provocadas polo monzón no sur de Paquistán, onde aínda se recuperan das peores inundacións na historia do país que se produciron hai un ano, polo que debe chegar a estes nenos máis axuda antes de que a situación empeore, segundoUNICEF.

As fortes chuvias de monzón e as inundacións están a afectar a uns cinco millóns de persoas en todo Paquistán, segundo o goberno do país, sendo a provincia de Sindh a que se levou a peor parte no desastre. Soamente en Sindh, centos de miles de familias víronse afectadas en 22 dos 23 distritos da provincia. Preto dun millón de fogares foron destruídos ou danados, provocando o desprazamento da poboación. Máis de 200.000 persoas están a vivir en máis de 1.400 campos de axuda, onde hai escolas públicas, e en edificios, tendas e asentamentos provisionais, segundo os datos preliminares feitos públicos pola Autoridade Nacional de Xestión de Desastres. Os nenos e as familias continuanrecuperándose dos efectos causados polas inundacións de 2010, que agravaron os niveis existentes de desnutrición crónica, as prácticas insalubres de saneamento, a baixa asistencia á escola primaria (especialmente por parte das nenas), e unha serie de cuestións relacionados coa protección infantil, cuxo progreso interromperon as novas inundacións que causou o monzón. "Os nenos son os máis vulnerables nunha emerxencia. Neste desastre, moitos están a experimentar os desvastadores efectos dunha emerxencia debido á segunda inundación que se produce nun ano. Os seus mecanismos para soportar a situación xa eran débiles e a súa vulnerabilidade elevada" dixo o Representante de UNICEF en Paquistán, Dan Rohrmann. "Estamos a ser testemuñas dunha enorme devastación ao longo de extensas áreas da provincia de Sindh. As preocupacións principais son o acceso á saúde e nutrición, auga potable e protección. Ao comezo dunha emerxencia como esta, é fundamental chegar aos nenos con intervencións que poden salvar as súas vidas e axudarlles a volver á normalidade, " dixo Rohrmann.

"As inundacións, ademais de apartar os nenos e as súas familias dos seus fogares, contaminaron pozos e outras fontes de auga potable, comprometendo o saneamento e a hixiene, e están a contribuír a un aumento das enfermidades transmitidas pola auga, como a diarrea. É necesario chegar aos nenos con auga potable, saneamento e mensaxes sobre hixiene así como subministrar servizos sanitarios adicionais para previr brotes de enfermidades, " dixo Rohrmann. Seguindo a petición oficial de axuda do Goberno de Paquistán,UNICEF está a traballar en estreita colaboración coa Autoridade Nacional de Xestión de Desastres e outras axencias de Nacións Unidas, para encargarse de forma urxente das necesidades humanitarias. A resposta de emerxencia posta en marcha polo goberno será coordinada e implementar de forma conxunta con axencias da ONU, o Goberno de Paquistán, autoridades do goberno provincial e organizacións da sociedade civil. Asegurarémonos de que os nenos vulnerables reciban axuda esencial durante e despois desta emerxencia, como parte dos nosos compromisos fundamentais na acción humanitaria. É vital que tomemos todas as medidas posibles para salvar as vidas dos nenos, aliviar o seu sufrimento e protexer os seus dereitos", engadiu Mr:Rorhmann.

Más información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]