2.400 millóns de persoas carecerán de saneamento axeitado en 2015

O mundo non logrará a meta do ODM

Ao redor de 2,4 millóns de persoas -un terzo da poboación mundial- seguirán sen ter acceso a un saneamento adecuado en 2015, segundo un informe conxunto da OMS e UNICEF dado a coñecer hoxe.

O informe, titulado Progress onSanitation and Drinking-Water2013 Update (Actualización dos progresos en saneamento e auga potable de 2013), advirte que, ao ritmo actual de progreso, o Obxectivo de Desenvolvemento do Milenio (ODM) para 2015 de reducir á metade a proporción da poboación que carecía de saneamento en 1990 non se alcanzará por un 8%, unha cifra que representa 500 millóns de persoas. Aínda que UNICEF e a OMS anunciaron o ano pasado que a meta de auga potable do ODM se cumprira e mesmo o superara en 2010, o reto de mellorar o saneamento e chegar aos necesitados obrigou a realizar un chamamento consolidado de acción para acelerar o progreso. "Hai unha necesidade urxente de garantir que todos os elementos necesarios estean no seu lugar -o compromiso político, o financiamento, o liderado- para que o mundo poida acelerar o progreso e alcanzar a meta de saneamento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio", dixo a Dra. María Neira, Directora da OMS para a Saúde Pública e o Medio. "O mundo pode cambiar e transformar a vida de millóns de persoas que aínda non teñen acceso a un saneamento básico. Os beneficios serían inmensos para a saúde, para rematar coa pobreza na súa orixe, e para o benestar,".

O informe faise eco do chamamento urxente á acción do Secretario Xeral Adxunto das Nacións Unidas, Jan Eliasson, para que a comunidade internacional xunte os seus esforzos e poña fin á defecación ao aire libre en 2025. Cando faltan menos de tres anos para chegar á data límite dosODM, a OMS e UNICEF piden un último esforzo para alcanzar a meta de saneamento. "Esta é unha situación de emerxencia non menos terrible que un terremoto ou un tsunami", dixo Sanjay Wijesekera, xefe mundial do Programa de Auga, Saneamento e Hixiene de UNICEF (WASH). "Todos os días, centos de nenos morren; todos os días, miles de pais e nais choran a morte dos seus fillos e fillas. Podemos e debemos actuar fronte a esta traxedia humana diaria colosal". Entre as principais conclusións dos últimos datos de 2011, o informe destaca:

  • Case dous terzos (64%) da poboación mundial tiña acceso a instalacións melloradas de saneamento, un aumento de case 1.900 millóns de persoas dende 1990.
  • Aproximadamente 2.500 millóns de persoas carecían de acceso a servizos de saneamento mellorados. Destes, 761 millóns usan servizos de saneamento público ou compartido, e 693 millóns instalacións que non cumpren as normas mínimas de hixiene.
  • En 2011, 1.000 millóns persoas aínda defecaban ao aire libre. O 90% dos casos de defecación ao aire libre rexístranse nas zonas rurais.
  • A finais de 2011, o 89% da poboación mundial utilizaba unha fonte mellorada de auga potable, e o 25% tiña unha rede de auga corrente no fogar. Isto indica que ao redor de 768 millóns de persoas carecen de fontes melloradas de auga potable, das cales 185 millóns dependen das augas superficiais para as súas necesidades diarias.

- Segue existindo unha disparidade notable entre os que viven nas zonas rurais e os que viven nas cidades. Os habitantes das zonas urbanas constitúen as tres cuartas partes dos que teñen acceso a unha subministración de auga corrente no fogar. As comunidades rurais representan o 83% da poboación mundial sen acceso a fontes melloradas de abastecemento de auga potable e o 71% dos que viven sen saneamento.

Un progreso máis rápido no saneamento é posible, din as dúas organizacións. O informe resume a visión compartida do sector de auga, saneamento e hixiene (WASH) -incluíndo os responsables do mundo académico, das organizacións de dereitos humanos e das comunidades de vixilancia mundial-para un mundo despois de 2015 no que:

  •  Ninguén debe defecar ao aire libre
  • Todos deben dispoñer de auga potable, saneamento e hixiene no fogar
     
  • Todas as escolas e centros de saúdedeben dispoñer de auga, saneamento e hixiene
  • A auga, o saneamento e a hixiene deben sersostibles
  • As inequidades no acceso deben sereliminadas.

O informe encóntrase dispoñible en: www.wssinfo.org      www.who.int/phe

Acerca de Programa Conxunto de Monitorización da OMS/UNICEF

O Programa Conxunto de Monitorización da OMS/UNICEF do abastecemento de auga e saneamento é o mecanismo oficial das Nacións Unidas encargado de supervisar os progresos mundiais cara ao Obxectivo de Desenvolvemento do Milenio (ODM) relativo ao acceso á auga potable e saneamento. Os datos do Programa Conxunto contribúen a establecer vínculos entre o acceso á auga potable e ás instalacións privadas de saneamento, e a calidade de vida.

Más información:

Dailo Allí, Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55; [email protected]

 

Rita Ann Wallace, Comunicación UNICEF Nova York,  Tel +1 212 326 7586 / + 917 213 4034, [email protected]

 

Nada Osseiran, Comunicación OMS en Xenebra, Tel +4122 7914475 /Celular +4179 445 1624, [email protected]