1,25 millóns de nenos necesitan axuda urxente en Somalia

UNICEF distribuíu 653 toneladas métricas de alimentos e 230 toneladas métricas de alimentos terapéuticos en Mogadiscio, Gedo, Juba, Bay e Shabelle.

Calcúlase que 1,25 millóns de nenos necesitan axuda urxente no sur de Somalia e 640.000 sofren desnutrición aguda, polo que UNICEF pediu a todos os actores que convertan na súa máxima prioridade as medidas que salven as vidas dos nenos e que apoien de xeito urxente todos os esforzos realizados para chegar aos nenos que o necesitan.

"Os nenos do sur de Somalia necesitan desesperadamente a nosa axuda. Moitos deles xa morreron e moitos outros están en grave perigo se non actuamos agora" asegura Rozanne Chorlton, Representante de UNICEF en Somalia. "As familias non deberían ter que abandonar as súas casas, as nais e nenos non deberían ter que facer perigosas viaxes durante días para buscar comida e auga e logo enfrontarse a unha vida incerta nos campamentos. Toda a nosa enerxía debería estar centrada en salvar vidas. " Para chegar aos nenos o máis rápido posible, UNICEF, xunto aos seus aliados, intensificou as súas operacións para usar todos os recursos dispoñibles para levar subministracións á rexión. No que levamos de mes, a axencia dedicada aos dereitos da infancia fixo chegar suplementos alimenticios a 65.000 nenos nas áreas afectadas pola seca no sur de Somalia. Estas subministracións están a ser distribuídas por colaboradores no terreo. Tres voos a Mogadiscio, dous aGalkayo, e un a Baidoa, ademais de dous barcos que chegaron aMogadiscio, levaron subministracións nutricionais vitais. Estes materiais inclúen 653 toneladas métricas dunha mestura de soia e millo, un alimento nutritivo, suficiente para alimentar máis de 65.000 nenos vulnerables, e ao redor de 230 toneladas métricas de alimento terapéutico para tratar 16.000 nenos con desnutrición severa. A maioría destas subministracións nutricionais xa chegaron aos nenos en Mogadiscio e as rexións de Gedo, centro e sur de Juba, Bay eLower Shabelle no sur de Somalia.

UNICEF ten previsto aumentar a subministración de materiais para apoiar os 325 centros de alimentación suplementaria, 16 centros de estabilización e 201 centros de alimentación terapéutica, así como para expandir os seus servizos co fin de chegar a nenos que viven en áreas remotas.UNICEF comezará a distribuír mantas a centros de alimentación suplementaria para 150.000 fogares ao mes durante os próximos dous meses. En K-50, no centro de Shabelle, 7.000 familias desprazadas recibiron porcións de pasta de millo e soia. UNICEF tamén está a traballar cos seus aliados para subministrar tres porcións diarias de alimentos abondo para 8.000 persoas que viven nas zonas onde chegan os desprazados. "Aínda que temos moitos retos, estamos a chegar aos nenos. De feito, esta semana, os nosos aliados chegaron a 3.550 nenos cunha combinación de soia e millo, e alimento terapéutico listo para consumir nas zonas máis castigadas en Qansadheere, na rexión de Bay" dixo Chorlton. Espérase que a próxima semana atraque en Mogadiscio un buque con 410 toneladas métricas de pasta de millo e soia para 20.000 familias. O barco tamén entregará leite terapéutico F-75 e alimentos terapéuticos listos para consumir para uns 7.300 nenos severamente desnutridos.UNICEF estima que necesitará 81,93 millóns de euros durante os próximos seis meses para facer chegar asistencia de emerxencia e preventiva aos nenos de todas as áreas afectadas pola seca no sur de Somalia. UNICEF é a maior organización que distribúe alimentos nutricionais e suplementarios en Somalia, grazas a acordos asinados con 60 organizacións no do sur.

Doazóns para a emerxencia nutricional no Corno de África:

Teléfono: 902 31 41 31

SMS: Envía a palabra SOMALIAal 28028 **

Web: www.unicef.es

Contas correntes:

BBVA(0182-2370-40-0208517159)

BANESTO(0030-8301-77-0000304271)

SANTANDER(0049-1804-16-2610410756)

ING(1465-0100-95-6000000000)

BANKIA(2038-1043-19-6000877505)

LA CAIXA(2100-5731-70-0200005001)

POPULAR(0075-0001-87-0606914075)

BANKINTER(0128-9404-02-0100010592)

BARCLAYS(0065-0100-15-0001581749)

****

Os medios poden descargarse fotografías evideos en alta resolución sobre esta emerxencia a través do noso FTP:

https://unicefweb.unicef.es/com/cuernodeafrica

Usuario: Refcom

Contrasinal:  uce442087

Más información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]