1 millón de nenos segue en risco en Nepal tres meses despois do terremoto

Grazas á solidariedade dos doadores, UNICEF España contribuíu con 5 millóns de euros nesta primeira fase da emerxencia

Tres meses despois do terremoto do 25 de abril en Nepal, os nenos continúan enfrontándose a múltiples riscos. Os efectos do terremoto e as súas réplicas sumiron as súas familias nunha pobreza aínda maior e aínda seguen necesitando axuda.

Aínda que a situación humanitaria mellorou nos últimos tres meses, centos de miles de nenos aínda necesitan refuxio, alimentos, acceso a auga e saneamento, atención médica, educación e protección. Preto de 1 millón de nenos afectados polos terremotos seguen vivindo en zonas nas que hai un alto risco de deslizamentos de terra e inundacións. A medida que avanza a tempada de chuvias o acceso a estas áreas dificúltase. Isto ameaza o acceso destes nenos a auga, saneamento, educación e servizos de saúde, e sitúa a infancia fronte a un maior risco de explotación, abuso e tráfico.

Dende o primeiro terremoto, diagnosticouse con desnutrición aguda a máis de 10.000 nenos, dos que máis de 1.000 sofren desnutrición aguda grave. Máis de 200 nenos permanecen sen os seus pais ou sen o seu coidador, e máis de 600 perderon a un ou ambos os dous proxenitores durante os terremotos. Máis de 32.000 aulas quedaron destruídas. Case 900.000 casas foron danadas ou destruídas.

Segundo unha avaliación dirixida polo goberno, entre 700.000 e case 1 millón de persoas nos distritos máis afectados poderían quedar baixo o albor internacional de pobreza, vivindo con 1,25 dólares ao día (1,14 euros).

"Cando acontece un gran desastre, como os terremotos do 25 de abril e o 12 de maio, provoca non só a perda de vidas, senón tamén a destrución de bens e medios de subsistencia, e reduce substancialmente os ingresos dos fogares, sobre todo entre a poboación máis vulnerable," dixTomoo Hozumi, representante de UNICEF Nepal.

"Sabemos que ao pasar por momentos difíciles os fogares pobres a miúdo recorren a métodos de supervivencia prexudiciais, como reducir o seu consumo de alimentos ou os seus gastos en saúde e educación, e poñer os seus fillos a traballar - o cal pode ter consecuencias negativas irreversibles para eles e, máis aínda, para os seus fillos, dixo Hozumi.

"O diñeiro en metálico facilitado sempre axudará aos fogares vulnerables a, polo menos, cubrir algunhas das súas necesidades básicas, como a alimentación e as medicinas, sen ter que recorrer máis a métodos prexudiciais que lles permitan afrontar estes tempos difíciles.

Para axudar a abordar as necesidades dos nenos afectados polos terremotos e as súas familias, UNICEF está a proporcionar 15 millóns de dólares (13,7 millóns de euros) en transferencias de efectivo directas a aproximadamente 330.000 fogares, nos que se estima que hai 450.000 nenos, dos 19 distritos máis afectados polo terremoto. Este apoio, canalizado a través do xa existente programa de asistencia social do goberno, está a chegar á poboación máis vulnerable, incluíndo os nenos Dalit, persoas con minusvalidez, viúvas, anciáns e minorías étnicas.

"O terremoto mostrou a fraxilidade do progreso de Nepal en termos de redución de pobreza", continuou Hozumi. "Máis alá da asistencia inmediata, unha das prioridades de UNICEF é axudar o goberno a organizar dunha forma segura e predicible o apoio aos ingresos para os nenos e as súas familias. O fortalecemento e expansión do sistema de protección social do país e a mellora da súa resposta ante as catástrofes contribuirá ao benestar e desenvolvemento dos nenos durante as épocas de normalidade e a mellorar a capacidade das familias para responder en caso de futuros desastres".

Dende o mes de abril UNICEF tamén proporcionou asistencia aos nenos que viven nas áreas máis afectada
s polo terremoto e as súas familias:

·Facilitando 1.000 toneladas métricas de subministracións esenciais que inclúen tendas, kits de hixiene, alimento terapéutico, vacinas e outros medicamentos que salvan vidas, mosquiteiras, kits para recén nacidos, "escolas nunha maleta" e kits de desenvolvemento infantil temperán.


· Axudando a máis de 100.000 nenos a continuar a súa educación en centros de aprendizaxe temporais apoiados por UNICEF.

· Subministrando auga potable a máis de 650.000 persoas en casas e campamentos.

· Restablecendo os centros de maternidade en máis de 150 instalacións sanitarias.

· Axudando a interceptar 513 nenos e mulleres e evitando que se traficase con eles ou saísen ilegalmente do país.

· Proporcionando a
preto de 30.000 nenos apoio psicolóxico para axudalos a recuperarse das súas experiencias.

Xunto co Goberno e os aliados fomos capaces de conseguir moito nos últimos 90 días. Ao mesmo tempo, dada a enormidade dos danos e as perdas, e o posible impacto dos monzóns, hai moito que facer para conseguir levar un sentido de normalidade ás vidas dos superviventes do terremoto, especialmente os máis vulnerables" dixo Hozumi.

UNICEF Comité Español recadou nesta primeira fase da emerxencia 5 millóns de euros grazas á solidariedade de miles de persoas, empresas e institucións privadas e públicas. Con esta xenerosa contribución estase a dar resposta ás necesidades urxentes dos nenos afectados polos dous terremotos e as súas familias.

Por iso "agradecemos o compromiso e apoio de cada socio, doador e aliado, cuxa achega solidaria nos permite estar con cada neno afectado polos terremotos de Nepal e seguir traballando para devolvelos a súa infancia", declarou Javier Martos, director executivo de UNICEF Comité Español.

Para acceder a vídeos e fotos:

ftp://video.unicef.es/terremoto_Nepal

Usuario:        Refcom

Contrasinal:   uce442087

Para máis información e contribuir ao traballo de UNICEF nesta emerxencia:

https://www.unicef.es/terremoto-nepal

 

Caixabank

ES39

2100

5731

70

0200005001

 

BBVA

ES65

0182

2370

41

0010033337

 

Santander

ES51

0030

8301

77

0000304271

 

ING Direct

ES98

1465

0100

95

6000000000

A través do teléfono móbil www.unicef.es/38080

Más información:

Rupa Joshi, UNICEF Nepal, + 977 9851054140, [email protected] 
Jean-Jacques Simon, UNICEF South Asia, +977 98010 30076, [email protected]

Belén de Vicente, UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55, E-mail: [email protected]