1 de cada 5 contaxiados de ébola é un neno

Un novo informe de UNICEF destaca o urxente que resulta chegar a cero casos de ébola ao mesmo tempo que se restablecen os servizos básicos

ébola tivo consecuencias desvastadoras para os nenos, que constitúen un 20% dos casos de contaxio en Guinea, Liberia e Serra Leoa. Nun informe dado a coñecer hoxe, UNICEF afirma que co fin de protexer eses nenos e as súas comunidades, é imprescindible derrotar esa enfermidade mentres se traballa para restablecer os servizos básicos.

"O brote non terá sido eliminado ata que cheguemos a cero casos, e para iso debemos rastrexar e vixiar cada un deles. Non podemos permitirnos baixar a garda", afirma Barbara Bentein, Coordinadora Mundial de UNICEF para a Emerxencia do Ébola. "Ao mesmo tempo, é necesario que se restablezan os servizos básicos de xeito seguro e responsable, empregando para iso os logros obtidos durante a resposta,".

O informe analiza o dramático impacto que o ébola tivo nos nenos, xa que o virus golpeou algunhas das comunidades máis vulnerables nalgúns dos países máis vulnerables do mundo. Das máis de 24.000 persoas contaxiadas, unhas 5.000 foron nenos, e máis de 16.000 menores perderon un dos seus proxenitores, ambos os dous ou o seu coidador principal. E para moitos dos nove millóns de nenos que viven nas zonas afectadas, o ébola constituíu unha experiencia aterradora. Trátase de nenos que foron testemuñas de morte e sufrimento que non alcanzan a comprender.

O informe tamén destaca o papel principal que desempeñan as comunidades con respecto á resposta e as alentadoras tendencias en materia de comportamentos seguros. Unha enquisa que se levou a cabo en Liberia, por exemplo, indicou que o 72% dos entrevistados cre que calquera persoa con síntomas do ébola obtería mellores coidados nun centro de tratamento que no seu fogar, o cal é significativo porque moitos evitaban eses centros, de modo que as vítimas do ébola quedaban na casa e propagaban a infección na comunidade.

Mentres participaban nas actividades de resposta ao ébolaUNICEF e os seus aliados inmunizaron miles de nenos contra outras enfermidades mortais, como o sarampelo; fortaleceron os servizos de atención primaria da saúde; e axudaron a reducir ao mínimo o risco de infeccións co ébola que poderían ter acontecido
ao continuarse as clases tras o peche das escolas, que mantivo uns cinco millóns de nenos fóra das aulas durante varios meses.

A máis longo prazo, investir na mellora dos sistemas de atención da saúde nos países afectados polo ébola servirá para combater tamén outras enfermidades, como o sarampelo, a pneumonía e a diarrea, que figuran, entre as principais causas de mortalidade infantil. O informe afirma que a planificación da recuperación a longo prazo debe basearse nos logros obtidos durante as respostas, con miras a reconstruír mellor e afrontar as desigualdades históricas.

Más información:

Christophe Boulierac, UNICEF Xenebra, +41 799 639 244, [email protected]

Thierry Delvigne-Jean, UNICEF Dakar, + 221 77 819 2300, [email protected]

Najwa Mekki, UNICEF Nova York; +1 212-326-7448 (oficina); +1 917-209-1804 (móvil), [email protected]

Belén de Vicente, UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]