VII Encontro A Cidade dos Nenos: Cidade, infancia e medios de comunicación

O 19 de abril comeza o VII Encontro A Cidade dos Nenos que analizará a imaxe que a cidade proxecta sobre nenos e nenas, os contidos que presentan as televisións, o acceso da infancia a contidos a través de Internet ou dos videoxogos.

Para reflexionar e debater sobre estas cuestións reuniranse durante tres días profesionais de comunicación, urbanismo, educación, psicoloxía, socioloxía e animación cultural.
O encontro celebrarase na Casa Acendida de Madrid do 19 ao 21 de abril. 

Obxectivos do encontro

• Coñecer e analizar o comportamento dos medios de comunicación con relación á infancia: que imaxe proxectan, que noticias dan, en que aspectos centran a atención e como os tratan...

• Analizar asimaxes que a cidade proxecta sobre os nenos e as nenas e que influencia exercen sobre eles.

 • Denunciar oincumprimento do horario protexido por parte de todas as televisións.

• Coñecer osmedios nos que participan nenos e adolescentes, como os xestionan, de quen dependen, que papel xogan os adultos e tamén como o perciben eles mesmos .

Programa do encontro