V Champions for Africa: 25 de setembro en Sevilla

O próximo 25 de setembro terá lugar o V Champions for Africa no Ramón Sánchez Pizjuán, en Sevilla.

O V Champions for Africa conta coa colaboración especial do SevillaFC, a través da súa Fundación. Oencontro solidario une a estrelas do fútbol nacional e internacional nun esforzo conxunto por poñer de relevo as dificultades que atravesan millóns de nenos en distintos países de África e a importancia do compromiso de todos pola supervivencia e o desenvolvemento infantil.

Aínda que se conseguiu reducir a mortalidade infantil nun terzo nas últimas décadas, aínda hoxe 21.000 nenos menores de 5 anos morren cada día por causas que podemos evitar, como o sarampelo, a desnutrición ou as enfermidades diarreicas.

Render homenaxe a Kanouté, promotor do partido solidario

Champions forAfrica, promovido dende 2008 pola Fundación Kanouté e UNICEF España, terá este ano o engadido de que servirá para render homenaxe do Sevilla FC ao seu xogador Frédéric Kanouté na súa despedida do club. Os noventa minutos de partido enfrontarán, unidos pola causa da infancia, dous equipos: un conformado polo actual Sevilla FC, reforzado por ex compañeiros deKanouté que saborearon con el os seis títulos conquistados no seu periplo sevillista; e outro composto por xogadores nacionais e internacionais.Kanouté xogará unha parte do partido con cada equipo.  

Pola supervivencia infantil

Os fondos conseguidos con este partido serán destinados a programas desupervivencia infantil que UNICEF leva a cabo en África, con especial atención á prevención e tratamento da desnutrición infantil. E aFundación Kanouté destinará parte dos fondos a rematar a construción da Cidade dos Nenos deSakina, situada aos arredores de Bamako, capital de Maliano, e a ampliar a capacidade das instalacións, que contan con aloxamento, escola, centro de saúde, centro de formación profesional e unha granxa, entre outras. Ademais de despedir a Frédéric Kanouté, e recoñecer o seu compromiso solidario, o VChampions for Africa Homenaje aKanouté ten un reto máis importante: encher o Estadio Sánchez Pizjuán pola supervivencia de miles de nenos e nenas. O 25 de setembro xogamos en Sevilla, gañamos en África. Podes seguir toda a información do V Champions forAfrica na súa páxina de  Facebook e en Twitter (@champions_AFR)