UNICEF: Os nenos de Sirya deben ser protexidos do conflito

Tras coñecer os informes de Human Rights Watch e outros, dados a coñecer esta semana, que afirman que hai nenos que están a ser asasinados, mutilados por bombas acio e utilizados como combatentes e vixiantes, UNICEF reitera a súa petición de que se protexa os nenos en todo momento.

"É máis que alarmante, é escandaloso e inaceptable ver como se violan os dereitos dos nenos deste xeito, " dixo Anthony Lake, Director Executivo de UNICEF. "Canto máis se prolongue esta situación, maiores serán os danos aos nenos, ao seu futuro e tamén ao futuro da propia Sirya. "UNICEF está a traballar en Sirya e nos catro países veciños para distribuír subministracións básicas a centos de miles de nenos e familias.