UNICEF España seleccionada na Convocatoria da Fundación BBVA 'Territorios Solidarios'

UNICEF España foi unha das entidades beneficiarias da primeira edición dos premios Territorios Solidarios, posta en marcha pola área de Responsabilidade e Reputación Corporativas de BBVA España, implicando os seus empregados na selección dos proxectos e as entidades.

Segundo explicaba Patricia Bueno, Responsable de Responsabilidade e Reputación Corporativas de España e Portugal de BBVA, durante a presentación dos premios realizada onte 20 de marzo en Madrid, "o BBVAdestinou 1,9 millóns de euros a apoiar un total de 202 proxectos solidarios propostos polos seus empregados. Tras o éxito da iniciativa, BBVA xa está a traballar na segunda edición de Territorios Solidarios.  

'os nenos excluidos: análise dos factores de exclusión social da infancia en España'

Dende UNICEF España recibiuse o convite dun empregado deBBVA para presentar un proxecto, motivado polo compromiso que ten UNICEF coa infancia.Tras este convite, presentouse o proxecto dunha das nosas investigacións que se desenvolverá ao longo deste ano e que conta ademais co cofinanciamento do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade: Os nenos excluídos: análise dos factores de exclusión social da infancia en España,cuxo obxectivo é aumentar o coñecemento, perfeccionar a análise e reforzar as propostas de acción para mellorar a situación de benestar dos nenos vulnerables en España. A dotación para UNICEF foi de 10.000 euros. En total premiáronse 202 proxectos en todo o territorio nacional. En Madrid apoiáronse 33 proxectos dun total de 72 solicitudes presentadas.

 As axudas están destinadas a proxectos de atención á minusvalidez (38%), a inclusión de colectivos en risco de exclusión (16%), a atención de necesidades básicas (15%), o apoio a enfermos e familiares (14%), a formación e sensibilización (8%) e un 8% adicional a proxectos de atención á infancia.