UNICEF e MSC Cruceiros: educación de calidade en Brasil

Os nenos de 126 comunidades vulnerables de Río de Janeiro e Sao Paulo, en Brasil, terán acceso a unha educación de calidade grazas á iniciativa de UNICEF e MSC Cruceros Sube a bordo polos nenos, que conseguiu 2,8 millóns de euros dende 2009 coas achegas solidarias dos pasaxeiros da compañía de cruceiros.

A educación contribúe a mellorar as condicións de vida e erradicar o círculo de pobreza que sofre a infancia no mundo en desenvolvemento.

Para UNICEF, a educación de calidade implica que as escolas se baseen no interese superior do neno, o que se traduce en escolas seguras que proporcionan un ámbito de protección, con profesores capacitados, e recursos axeitados que ofrecen unhas condicións óptimas para aprender.

RENOVACIÓN DA ALIANZA: POLA SUPERVIVENCIA INFANTIL

En xaneiro, UNICEF eMSC Cruceros renovaron a súaalianza. O obxectivo será esta vezloitar contra a desnutrición aguda grave, que está detrás da metade dasmortes evitables de nenos menores de cinco anos nos países en desenvolvemento. Mediante a doazón de 1 euro aSube a bordo polos nenos, os pasaxeiros de MSC Cruceros poden contribuír a custear 1 día de tratamento contra adesnutrición aguda grave para unneno. O tratamento completo, o que saca un neno da desnutrición, dura entre 4 e 6 semanas e custa uns 42 euros. "Estamos impresionados con que os pasaxeiros doen 1 euro aUNICEF no momento do check out. A súa doazón axuda a garantir que os nenos crezan sans e teñan un futuro prometedor. Moitas grazas por este gran compromiso", dixoElsbeth Müller, director executivo deUNICEF Suíza. " Ao redor de 3 sobres de alimentoterapéutico listo para o seu consumo ao día, de 4 a 6 semanas, pode poñer un neno fóra de perigo e, coa xenerosidade dos nosos pasaxeiros a bordo, imos facer todo o que poidamos para salvar e mellorar tantasvidas como sexa posible", declarou Gianni Onorato, conselleiro delegado deMSC Cruceiros. Ademais das doazóns recibidas por parte dos pasaxeiros,MSC Cruceros tamén organizará a bordo actividades de entretemento educativo para nenos, co fin de sensibilizalos acerca do labor de UNICEF e das necesidades dos nenos de todo o mundo.