UNICEF condena o asasinato dos tres adolescentes israelís secuestrados en Cisxordania

UNICEF condena enerxicamente o secuestro e asasinato de tres mozos israelís en Cisxordania.

Unímonos ao Secretario Xeral da ONU para expresar o noso máis sentido pésame ás súas familias.
Este último acto de violencia é un recordatorio tráxico e terrible da cifra de vítimas que o odio sen sentido se está a cobrar tanto entre nenos israelís como palestinos.

Esperamos que estes feitos non sigan alimentando a violencia. Instamos a todas as partes a facer todo o posible para protexer a todos os nenos - palestinos e israelís - de calquera dano.