UNICEF condena o asasinato de nenos nun ataque preto dunha escola primaria en Iraq

UNICEF condena o ataque que tivo lugar onte preto da escola primaria Al-Khifah en Heet, ao oeste de Iraq. O ataque provocou a morte de varios nenos que ían camiño á escola e feriu moitos outros, segundo se informou.

UNICEF condena de forma contundente este ataque" dixo Marzio Babille, Representante deUNICEF en Iraq. "O asasinato de nenos é inaceptable. O ataque ás escolas, que están destinadas a proporcionar un ambiente seguro para a aprendizaxe, é unha grave violación dos dereitos dos nenos. "

O ataque tivo lugar mentres os nenos ían á escola, coincidindo co segundo día do ano escolar para máis de 9 millóns de alumnos en Iraq.

"Unha vez máis nenos inocentes pagan o prezo dun desprezable acto violento" -engadiuBabille- " e estamos particularmente angustiados porque o ataque á escola se produce na época do ano na que os nenos de todo Iraq empezan o curso escolar".

Babille expresou as súas máis profundas condolencias ás familias das vítimas e fixo un chamamento ao goberno de Iraq para que tome as medidas necesarias para garantir o acceso seguro á escola de todos os nenos.