Ucraína: todas as partes deben manter os nenos fóra de perigo

Declaración de UNICEF sobre o impacto da violencia nos nenos en Ucraína

É cada vez máis preocupante o impactoque poida ter sobre os nenos e as súasfamilias a intensa violencia que se está a rexistrar en Ucraína. Algúns informes aseguran que os nenos foron alcanzados e mesmo resultaronferidos pola violencia enKiev.

UNICEF está a recompilar a información necesaria para confirmar estes datos e está a levar a cabo unseguimento preciso, xa que a situación está a afectar aos nenos. Todas as partes teñen aresponsabilidade de manter os nenos fóra de perigo.

Os nenos son especialmente vulnerables en situacións deconflito violento, non só pola violencia senón tamén polo trauma de ter sido testemuñas desa violencia.

Entre outras ameazas ao seu benestar, os nenos poden ser separados dos seus pais polo caos, e algúns servizos básicos poden sufrir restricións. Nas zonas afectadas, algunhas escolaspecharon e complícase o acceso aos servizos sanitarios. Nesas situacións débese dar especial atención e apoio á infancia.