Tifón en Filipinas: entréganse subministracións vitais para os nenos nas áreas afectadas

A pesar da enorme devastación causada polo tifón Haiyan, UNICEF entregou subministracións vitais para os nenos das rexións de Tacloban, Ormac e Roxas, que son as zonas máis afectadas polo desastre.

Unha das tarefas máis importantes é proporcionar auga potable e saneamento xa que os danos producidos nas canalizacións de auga e as infraestruturas de subministración de auga poñen en perigo as zonas afectadas.

"A subministración de auga foi restablecida parcialmente na cidade de Tacloban xa que se asegurou o combustible, os xeradores e os repostos necesarios para continuar as operacións", dixo Ted Chaiban, Director de Programas de Emerxencia de UNICEF nunha reunión celebrada en Nacións Unidas. "Isto proporcionará auga potable a case 200.000 persoas. "

Durante os últimos tres días, grazas ao espazo doado por AirAsia, UNICEF comezou a enviar kits de hixiene para 18.000 persoas en Tacloban. Cada kit de hixiene inclúe deterxente, xabón, bidóns de auga, pasta de dentes, cepillos de dentes e toallas sanitarias.
 

Resposta ante o tifón en Filipinas: auga potable e kits de hixiene

"As necesidades son inmensas e urxentes, polo que a nosa resposta ten que ser igual de masiva", dixo o Representante de UNICEF en Filipinas, Tomoo Hozumi. "Estamos a traballar a pesar dos enormes desafíos loxísticos e a escaseza de combustible e de espazo físico para operar, estamos a facer todo o posible por aqueles que o perderon todo"

UNICEF tamén enviou camións con subministracións de auga, saneamento e hixiene valorados en 143.000 dólares que chegaron a Tacloban. Estes envíos inclúen comprimidos potabilizadoras de auga, tanques de auga para subministrar auga potable a 45.000 persoas ao día, latrinas, e kits de hixiene para outras 15.000 persoas.

Á cidade de Roxas enviáronse subministracións similares dende establecementos situados en Manila, incluíndo tanques de auga para 19.000 persoas; pastillas potabilizadoras de auga, e latrinas para 8.500 persoas desa cidade.

"Estamos a facer todo o posible o máis rápido que podemos", dixo Hozumi, " e aínda queda moita máis axuda por vir nos próximos días xa que o noso persoal traballa día e noite para entregar a axuda que tanto necesitan. "

UNICEF tamén está a distribuír subministracións didácticas e materiais escolares nas zonas máis afectadas. Esta axuda inclúe tendas, kits de desenvolvemento da primeira infancia, paquetes escolares para estudantes e docentes, así como kits de bibliotecas.

Abríronse oficinas de UNICEF nas cidades de Cebu, Roxas, Tacloban e Ormo para apoiar o persoal técnico e de loxística que xa está nesas zonas.

Axuda a filipinas: como apoiar a os nenos e familias afectadas polo tifón en filipinas

Se queres colaborar nesta emerxencia, podes facelo:
 
A través da nosa web.
 
Enviando un SMS* coa palabra UNICEF ao 28028
 
Chamando ao 900 907 900
 
Nas seguintes contas bancarias:
 
BBVA          0182 2370 40 0208517159
Caixabank  2100 5731 70 0200005001
Santander  0049 1804 16 2610410756
Banesto      0030 8301 78 0000046271
ING Direct   1465 0100 95 6000000000
 
* CUSTO DA MENSAXE 1,20 € ÍNTEGRO PARA UNICEF. Válido para Movistar, Vodafone, Orange, Yoigo e Euskaltel. Número sen fins comerciais. Operado por UNICEF n.atn.clte:902080900 unicef.es. Información legal e protección de datos: unicef.es