Supervivencia infantil: os recén nacidos son unha prioridade

As primeiras 24 horas da vida dun neno son as máis perigosas para a súa vida, para a súa supervivencia. Aproximadamente 2,9 millóns de bebés morren durante o seu primeiro mes de vida, e un millón de recén nacidos non sobreviven sequera ao primeiro día de vida.

Aínda que as mortes dos menores de cinco anos descenderon en todo o mundo de aproximadamente 12 millóns en 1990 a 6,6 millóns en 2012, as mortes dos recén nacidos se estancaron, e agora supoñen unha porcentaxe máis elevada do que acontecía en 1990, xa que aumentaron dende un 33% ata un 44%.


Na clausura do Foro Mundial celebrado en Johannesburgo para abordar a prevención da mortalidade das nais, dos nenos e dos recén nacidos, UNICEF presentou o 'Plan de acción para todos os recén nacidos'.


Este documento, que se elaborou xunto á Organización Mundial da Saúde, proporciona unha folla clara de ruta sobre como poñer fin ás mortes prevenibles dos recén nacidos. Promove modos innovadores de fortalecer as estratexias do sector da saúde, describe normas para establecer a calidade da atención, e indicadores para medir os nacementos e as mortes.


Tamén inclúe programas para chegar aos máis esquecidos cunha atención universal da saúde, e establece directrices para a rendición de contas.

recén  nacidos: Evitar máis do 70% das muertes 

As medidas que se promoven no 'Plan de acción para todos os recén nacidos' poden evitar máis do 70% das mortes que se producen na actualidade. A clave é obter o compromiso político, e isto é o que a presentación do plan e a celebración do Foro trataron de xerar.

Son moi optimista ante a posibilidade de lograr progresos, xa que algúns países o conseguiron", dixo o Dr. Mickey Chopra, xefe dos programas mundiais de saúde de UNICEF. "Por exemplo, en Rwanda rexistrouse durante os últimos 10 anos a taxa máis elevada de redución da mortalidade infantil en África subsahariana. Se utilizamos os mesmos métodos a escala mundial, en 2035 un neno nacido en Camerún terá as mesmas posibilidades de supervivencia que un neno nacido nos Estados Unidos".

UNICEF recordou, tamén, que os compromisos realizados polos gobernos e as organizacións dos sectores público e privado teñen o potencial de transformar a situación dos recén nacidos, que morren por millóns todos os anos. Cabe destacar as promesas de contribucións para apoiar a saúde do recén nacido por valor de medio millóns de dólares procedentes dos Estados Unidos, a Canadá, o Banco Islámico de Desenvolvemento, Johnson & Johnson, GSMA, a fundación Bill e Melinda Gates, e outras entidades.
 

recén nacidos: chegar ás comunidades máis remotas

"Os países deben tomar a iniciativa para garantir que estas medidas simples e de eficacia demostrada para impulsar a supervivencia do recén nacido se executen a escala local", engadiu a Dr.a Kim Eva Dickson, asesora superior de UNICEF sobre saúde da nai e do recén nacido. "Isto garantirá que todas as nais e todos os bebés, mesmo aqueles que viven nas comunidades máis remotas, poidan recibir a atención de calidade que necesitan para axudarlles a sobrevivir".

Un elemento esencial para iso é garantir que os gobernos inclúan nos seus indicadores os nenos, especialmente aos máis pequenos. Os case 3 millóns de recén nacidos que morren, e outros 2,6 millóns que nacen xa mortos, están polo xeral ausentes nas estatísticas dos seus países. Nin os seus nacementos nin as súas mortes se rexistran, e por iso hai moi pouca rendición de contas con respecto ás súas vidas, e pónselles moi pouca atención cando morren.


Mentres celebramos este ano o 25 aniversario da aprobación da Convención sobre os Dereitos do Neno, aínda temos que facer moito para garantir que mesmo o neno máis pequeno teña o dereito máis básico: sobrevivir", dixo o Dr. Chopra. "Esperemos que isto sexa o comezo dun impulso imparable para poñer fin ás mortes prevenibles dos recén nacidos no lapso dunha xeración".