Sudán do Sur: novos secuestros de nenos por grupos armados

Dende UNICEF condenamos de forma enérxica o secuestro de decenas de nenos, algúns de apenas 13 anos, por un grupo armado preto de Malakal, no norte de Sudán do Sur.

Un dos nosos equipos de educación informounos que 89 nenos foron secuestrados mentres realizaban os seus exames nun colexio da comunidade de Wau Shilluk no estado do Alto Nilo.
O número actual de nenos secuestrados podería ser moito maior.

Segundo testemuñas, os soldados armados rodearon a comunidade e rexistraron casa por casa. Os nenos maiores de 12 anos foron levados pola forza.

Sudán do Sur: Instamos o grupo a liberar de inmediato aos nenos

"O recrutamento e a utilización de nenos polas forzas armadas destrúe familias e comunidades. Os nenos están expostos a niveis incomprensibles de violencia, perden as súas familias e a súa oportunidade de ir á escola", explica o representante de UNICEF en Sudán do SurJonathan Veitch.

Dende UNICEF recordamos a todas as partes implicadas no conflito que o recrutamento e a utilización de nenos en forza
s e grupos armados é unha grave violación do dereito internacional.

Coñece o noso traballo con nenos soldado.