Sudán do Sur: "Non vos esquezades de nós"

Por Diana Valcárcel, Coordinadora de Proxectos de Comunicación de UNICEF España

"Este país é un dos peores lugares do mundo para nacer", díxome o primeiro día Siddartha Shrestha, Director de Comunicación de UNICEF de Sudán do Sur. As miñas alertas acendéronse. Algúns datos que lera antes da miña viaxe non me falaban pola contra: o 15% dos nenos padece desnutrición, o país ten o índice de mortalidade materna máis alta no mundo: 16 mulleres morren ao día por cuestións relacionadas co parto, o 70% dos nenos entre 6 e 17 anos nunca pisou unha escola.

Sabemos que o traballo de moitas organizacións e do Goberno do novo país están a conseguir melloras para a infancia a pesar da loita contra os elementos. Afrontan un labor inxente en multitude de frontes, pero eles xa comprobaron avances e están seguros do camiño a seguir para consolidalos. Vinte anos de guerra deixan unha profunda pegada nun país ao que non lle faltan recursos naturais pero que é moi pobre en formación, infraestruturas ou acceso a servizos básicos. O camiño de Juba, a capital, aTorit, no estado de Equatoria del Este, é un microcosmos para comprender a realidade do país, que conta con 9 millóns de habitantes. A estrada de terra é intransitable durante os seis meses do período de chuvias, o que por exemplo supón que non chegan as mercadorías nin é factible alcanzar un hospital en caso de emerxencia. Facemos un alto no camiño nunha aldea pola que xogan nenos con claros síntomas de desnutrición, máis adiante vemos unha escola improvisada: pupitres baixo unhas árbores. Apreciamos tamén a beleza do país, a fertilidade da súa terra, practicamente sen cultivar pola falta dun sistema agrario. Pregúntome que serán esas estacas con marcas brancas e vermellas no camiño e leo un cartel "Precaución: campos minados". Algún que outro tanque abandonado nos obriga a manobrar e máis adiante un grupo de rapaces xoga ao fútbol.

A nosa viaxe transcorre entre a alegría de moitas historias e a profunda angustia que nos xeran  outras:

  • Emanuel Mattw, dun ano e nove meses, estase a recuperar de desnutrición no hospital infantilAl Sabaah en Juba, despois de 3 semanas de tratamento. "Sairá adiante", asegúranos unha das enfermeiras do Centro de Alimentación Terapéutica, posto en marcha por UNICEF.
  • Josephine Simon,de dous anos e medio, pelexa por sobrevivir no hospital de Torit. Sofre desnutrición aguda grave con complicacións. É a imaxe máis dura da viaxe, aquela que dende hai tempo ocultamos no noso mundo por respecto á sensibilidade. Como consecuencia do seu grave estado, sofre edema xeneralizado. Emite xemidos case imperceptibles de xeito constante.
  • Dafidica Ilika,de 17 anos, vive na remota aldea deIrau. Carga o seu bebé nos brazos. Sacar adiante un neno e ir á escola non é compatible; o seu futuro está comprometido. O matrimonio dunha filla é fonte de ingresos para as súas familias: a do marido ten que pagar un dote que ás veces supón a subsistencia de toda a prole durante un tempo.
  • Fiola, unha estudante de 16 anos da escola Airport View Primary school de Torit, declara contundente "Quero ser Ministra de Educación para que todos os nenos poidan ir á escola". Bravo por esta nena.  

En Sudán do Sur a pesar das condicións adversas estanse a alcanzar melloras que cambian o rumbo da vida de multitude de nenos: dende 2006 e 2010 reduciuse nun 18% a mortalidade infantil, e entre 2010 e 2011 máis de 100.000 nenos menores de 5 anos recibiron tratamento contra a desnutrición aguda grave. As comunidades locais, o Goberno, UNICEF, organizacións aliadas e moitos outros actores son o motor destes cambios. O apoio da comunidade internacional en forma de recursos e capacitación é o pulo que aínda necesita este país durante un tempo. O Ministro de Educación da rexión de Equatoria del Estedespídese cunha petición: "Non vos  esquezades de nós. Sabemos que o noso país ten un gran potencial e que sairemos adiante". Imos ignorala?