Sudán do Sur: a ameaza da cólera

O brote de cólera converteuse nunha ameaza para Sudán do Sur, o país máis novo do mundo.

 

Ata o momento cobrouse máis de 670 vítimas na capital, Juba. Hai varios meses comezou unha campaña de vacinación para combater a epidemia nos campamentos de desprazados internos da Misión de Nacións Unidas en Sudán do Sur (UNMISS). Non obstante, a pesar das tarefas preventivas, hanse rexistradoscasos de cólera en varios lugares diferentes dentro da capital, e as autoridades temen que o brote se estenda ás zonas rurais. A isto súmase que os enfrontamentos armados complican a resposta dasaxencias e ONG á epidemia. As autoridades sanitarias confirmaron que a orixe da epidemia de cólera procedía do río Nilo e se estendeu ás persoas polouso de auga contaminada e vivir en condicións insalubres.

Sudán do Sur: rematAR COA EPIDEMIA, OBxEcTIVO PRIORITARIO

UNICEF está a coordinar o equipo de resposta áepidemia. Para iso proporcionouse auga clorada para os asentamentos controlados por Nacións Unidas e os centros de tratamento da cólera, ademais das subministracións detratamento da diarrea que chegan de Dinamarca.Abdulkadir Musse, especialista de emerxencias de UNICEF, explicou o gran custo da loitacontra esta epidemia.Musse dixo que ata agora UNICEF utilizou fondos propios por valor de1,7 millóns de dólares pararesponder ao actual brote da enfermidade. E engadiu que se necesitan urxentemente 10 millóns de dólares adicionais para continuar respondendo á epidemia de cólera e para aumentar as accións preventivas en todo o país.