Somalia: morren 4 traballadores de UNICEF nun ataque

Catro membros de UNICEF morreron no ataque ao vehículo no que viaxaban en Garowe, Somalia. Outros catro resultaron feridos graves.

O ataque, perpetrado cun artefacto explosivo improvisado, tivo lugar cando o persoal ía da súa casa de hóspedes á oficina, un traxecto que normalmente leva uns tres minutos en coche.

Estas son as declaracións de Anthony Lake, director executivo de UNICEF, ante o acontecido:

"O horrible ataque contra os nosos compañeiros de UNICEF hoxe no norte de Somalia é un asalto non só a eles senón ás persoas ás cales servían. Os nosos pensamentos inmediatos están coas familias dos catro empregados que foron asasinados e cos que foron feridos. Todos nós en UNICEF estamos profund
amente entristecidos, e profundamente enfadados.

Os nosos colegas dedicaron a súa vida a traballar para os nenos de Somalia. Non son vítimas. Eles e os feridos sonheroes. Lamentamos a súa perda e esperamos a plenarecuperación dos feridos.

O noso continuo traballo en Somalia polos nenos máis vulnerables e as súas familias será unha merecida homenaxe a aqueles que perdemos".