Sirya: UNICEF únese ao chamamento para retomar a axuda alimentaria a 1,7 millóns de refuxiados

Dende UNICEF unímonos ao chamamento de apoio urxente ao Programa Mundial de Alimentos (PMA) despois de que a axencia da ONU se vise forzada a suspender a axuda alimentaria para 1,7 millóns de sirios vulnerables na rexión.

As familias de Sirya corren o risco de caer na miseria e moitos nenos poderían verse obrigados a traballar para contribuír aos ingresos familiares cos que adquirir alimentos básicos. Isto, á súa vez, podería desembocar nun maior abandono escolar.

Ademais, a suspensión da axuda alimentaria contribuirá á crecente sensación de desespero, particularmente entre os nenos, as nais en período de lactación, as persoas con minusvalidez e os maiores.

Sirya: a falta de alimentos terá un impacto devastador sobre os nenos

"Os nenos sirios e as súas familias están a pagar un prezo moi alto como resultado da actual crise", explica Maria Calivis, directora rexional de UNICEF para Oriente Medio e Norte de África. "Mentres se achega o inverno, a falta de financiamento para alimentos terá un impacto desvastador sobre eles".

Se chega financiamento, o PMA poderá continuar a
axuda para os nenos sirios a través dun sistema de cupóns que permita ás familias comprar comida nos mercados locais.

Dende UNICEF facemos un chamamento urxente aos países doadores para cubrir as
necesidades dos nenos sirios e as súas familias, así como para evitar un desastre inminente.