Sirya: o matrimonio infantil crece nos campamentos de refuxiados de Xordania

Yasmine* ten 16 anos e leva 9 meses casada. "Cando era máis nova soñaba con ser deseñadora de moda, pero agora non poderei logralo debido á miña situación", di. O seu marido ten 24 anos e están a esperar o seu primeiro fillo.

"Estou embarazada de 5 meses. Ás veces síntome enfadada, creo que porque os cambios físicos no meu corpo tamén afectan aos meus sentimentos", conta.

Yasmine é unha refuxiada siria que vive en Xordania. Leva neste país dous anos. O colexio é un recordo afastado, e a maternidade unha realidade inminente. Aínda que a súa historia está directamente relacionada co conflito de Sirya, un novo estudo sobre o matrimonio precoz en Xordania, publicado hoxe, revela que esta práctica non mostra signos de reducirse.

Sirya: o matrimonio precoz non se reduce nos campos de refuxiados

De todos os matrimonios rexistrados en Xordania durante 2013, o 13% implicaban a nenas menores de 18 anos -unha cifra que se mantivo relativamente constante durante a última década. Isto significa que máis de 9.600 nenas casaron precozmente e que non houbo avances na redución do número de casos.

Entre os refuxiados sirios que viven no país, a taxa de matrimonios infantís aumentou do 18% do total de matrimonios en 2012, ao 25% de 2013. Os novos datos mostran que esta taxa aumentou ao 32% no primeiro trimestre de 2014. As cifras en Sirya antes da guerra sinalan que en torno ao 13% dos matrimonios incluían polo menos a un menor de 18 anos.

Segundo a nai de Yasmine, casarse moza non é raro entre as nenas sirias, pero o aumento de matrimonios é o resultado de que moitos nenos abandonan a escola debido á crise, e unha vez que as adolescentes están na casa reciben propostas de matrimonio.

SIRyA: as nenas sofren máis risco de ser vítimas de abuso

O representante de UNICEF Xordania, Robert Jenkins, destaca que o matrimonio infantil pode ter consecuencias inmediatas e para toda a vida. "As nenas que casan antes dos 18 anos están nun maior risco de sufrir complicacións durante o embarazo e de ser vítimas de abuso. Tamén teñen oportunidades económicas máis limitadas, debido á falta de formación, e poden quedar atrapadas nun círculo vicioso de pobreza".

O informe subliña os factores comúns do matrimonio infantil en Xordania, como: aliviar a pobreza ou as cargas dunha familia numerosa con moitas fillas; proporcionar protección ás rapazas novas; continuar tradicións (culturais ou familiares); e servir como unha vía de escape para nenas que viven nun ambiente familiar de abuso.

As leis xordanas establecen a idade mínima para casarse nos 18 anos, tanto para rapaces coma para rapazas. Non obstante, os menores de 18 anos poden casar baixo condicións especiais. UNICEF defende que se manteña, en liña cos estándares internacionais, a idade de 18 anos como o mínimo legal para que tanto rapaces coma rapazas se poidan casar.

UNICEF traballa con outras axencias de Nacións Unidas, ONG internacionais, aliados locais, persoal educativo, pais e líderes relixiosos para identificar e previr casos de matrimonio infantil, así como para dar apoio a aqueles que casaron precozmente. A comunidade e os líderes relixiosos xogan un papel importante no tratamento do matrimonio infantil, promovendo a educación e proporcionando espazos seguros e protectores nos que as nenas poidan discutir os seus asuntos e falar cos seus pais.

Para aquelas nenas que están en risco de contraer matrimonio infantil, UNICEF e os seus aliados fortalécenas proporcionándolles orientación vocacional, apoio psicosocial e habilidades para a vida que poden ter máis opcións á parte da de casar tan pronto.

Sirya: empoderar ás nenas para que teñan máis opcións

O matrimonio infantil defínese como matrimonio formal ou unión informal antes dos 18 anos. As nenas son as máis afectadas, de xeito desproporcionado. As probas sinalan que as nenas que teñen pouca ou ningunha educación son seis veces máis propensas a casarse de nenas que as que teñen educación secundaria. Completar un ano máis de colexio pode aumentar a capacidade de obter un salario mellor entre un 15 e un 20 por cento.

Yasmine non abandonou o seu sono de ser deseñadora de moda. "Gustaríame matricularme nalgún curso no futuro, pero xa veremos", di. Pero a súa infancia foi interrompida- pronto será nai.

*Nombre cambiado para protexer a súa identidade