Sirya: nenas refuxiadas e matrimonio concertado

Manal*, a súa nai Majida e a súa irmá de nove anos, Malak, chegaron en decembro ao campamento de Za'atari. O seu pai e o seu irmán fixérono algo despois. En moi pouco tempo, Manal estaba comprometida cun home de 22 anos.

Como a moitas nenas sirias, refuxiadas nos países veciños, "o meu pai me dixo que tiña que casarme, explica Manal, "en Sirya era costume que as nenas casasen novas".

fUxiNDO DE SIRyA

A familia de Manalfuxiu de Sirya a Xordania ante a crecente escalada de violencia. A nai de Manal,Majida, explica como deixou de levar os seus fillos á escola de Daraadespois de que unha bomba no patio do colexio rematase coa vida de 11 os seus compañeiros. Adaptarse á vida no campamento, con 120.000 persoas, supuxo un cambio importante, tras deixar a súa casa de catro dormitorios enDaraa, a súa cidade natal. Pouco despois da chegada ao campamento, Thabet, tiña todo preparado para que a súa filla se casase, amparado na idea de que o matrimonio ofrece protección e alivia as presións económicas da familia. "O matrimonio tamén asegurará o futuro da miña filla se algo malo me pasa", afirma Thabet, "algunhas persoas queren que as súas fillas se casen polo custo de vida, sobre todo se a familia é grande", continúa. Non obstante, Manalopúxose.

UNICEF APOiA A DECISIÓN DE MANAL DE SEGUIR NA ESCoLA

Manal asiste a unhaescola apoiada por UNICEF e a un centro xuvenil dirixido porUNICEF e a ONG International Medical Corps, onde os mozos encontran axuda psicosocial á súa situación e aprenden habilidades para facer fronte ás feridas derivadas do conflito e do traslado.Manal, falou da súa situación e do seu compromiso forzoso co persoal do centro xuvenil e descubriu que podía barallar outras opcións: casar non era a única alternativa. "Eles motiváronme a tomar esta decisión", asegura Manal. "Eu era tímida antes, pero despois de estar aquí cambiei. "

Co apoio do persoal do centro e o da súa propia nai -casada aos 15 anos-, Manal falou co seu pai e mostroulle a súa oposición: quería continuar na escola en lugar de casar. "Vin outras rapazas que casan e convértense en nais moi cedo. Quero tomar a decisión pouco a pouco", asegura Manal. "O coñecemento é importante. Estamos nunha situación de guerra, polo que necesitamos información, por iso decidín continuar os meus estudos", argumenta.Manal está a rematar o seu primeiro semestre do grao 10, co apoio do seu pai, que entendeu o seu desexo. O obxectivo de Manal éconverterse en médico ou en mestra.

MATRIMONIO INFANTIL: Unha práctica perxudicial

Mesmo antes de que estalase o conflito en Sirya e o éxodo masivo da poboación, non era raro que as nenas menores de 18 anos se casasen. Entre os motivos da alta taxa de matrimonios de menores de 18 nocampo de Za'atari, analizados por UNICEF, encontráronse a redución da presión económica sobre as familias, garantir a protección das nenas, e a posibilidade dun mellor acceso aos países veciños.Michele Servadei, representante deUNICEF en Xordania, asegura que "o matrimonio infantil é unha práctica moi perigosa e prexudicial". "As nenas que casan con menos de 18 anos teñen un maior risco de complicacións de saúde asociadas co embarazo precoz, así como de experimentar a violencia doméstica e o abandono escolar.UNICEF, en estreita colaboración coas familias, os líderes relixiosos e as comunidades, apoia ademais o Ministerio de Educación de Xordania para asegurarse de que os nenos sirios estean inscritos e asistindo á escola, e ofrece espazos seguros nos campamentos e as comunidades de acollida para a práctica de actividades reguladas e a formación profesional.Manal explica que o seu pai apoia a súa decisión de permanecer na escola, pero aínda se menciona a posibilidade de que poida casar pronto. "Algunhas persoas din que teño que casarme, outros din que son valente", explica. "Ás veces cando estou soa síntome asustada e pregúntome se a miña decisión é correcta. Pero sei que estou no camiño axeitado". * Algúns nomes nesta historia foron cambiados