Semana coa Infancia na Radio Televisión Galega

A Compañía de Radio-Televisión de Galicia (CRTVG) levará a cabo, ao longo desta semana e ata o 16 de decembro, a Semana coa Infancia, en colaboración con UNICEF. Durante esta semana, incluirá unha programación específica de sensibilización contra a desnutrición infantil.

O primeiro paso desta Semana coa Infancia nos medios públicos galegos é a firma derenovación do convenio entre a CRTVG e UNICEF, por parte do Director Xeral daCRTVG, Alfonso Sánchez e o Presidente de UNICEF Comité Galicia, Manuel Sández.

Varios programas daTVG e a RG, tanto informativos coma de entretemento e música, sumaranse a  Cumpledías, acampaña de UNICEF España contra a desnutrición infantil.

Todos eles ofrecerán ao espectador contidos específicos, entrevistas, faladoiros e reportaxes co fin de facer un chamamento de solidariedade e concienciar os galegos sobre os problemas de alimentación no mundo.  

Entre os contidos máis destacados figuran entrevistas en directo conManuel Sández, coa Presidenta deUNICEF España, Consuelo Crespo e con persoal de terreo da organización; así como chamamentos especiais en Tourilandia eLuar, dous dos programas con maior audiencia da TVG. Presentadores e rostros coñecidos da TVG e RG actuarán como "mensaxeiros" de Cumpledías. Ao longo da semana, todos eles realizarán un chamamento especial para que a audiencia galega únase a esta campaña a través de mensaxesSMS coa palabraUNICEF ao28028.Cada SMS enviado equivale ao custo dun día de tratamento contra a desnutrición aguda para un neno. Otratamento completo, o que saca un neno da desnutrición, dura entre 4 e 6 semanas e custa uns 42 euros.Cumpledías parte da base de que, a pesar de que todos os nenos do mundo teñen dereito a cumprir anos e a desenvolver todo o seu potencial, a desnutrición os pon nunha situación tan vulnerable que cumprir días é todo un reto e un gran logro a este tempo. Ata o momento, a campaña conta co apoio de medios de comunicación de toda España e máis de 300 empresas e entidades deportivas.