Semana coa infancia en Radio Televisión Galega

Ao longo desta semana e ata o 17 de decembro, a Compañía de Radio-Televisión de Galicia (CRTVG) levará a cabo, en colaboración con UNICEF, unha campaña de sensibilización polos dereitos dos nenos, a Semana da CRTVG coa Infancia.

A entidade pública dá un paso máis na súa colaboración con UNICEF, que comezou no ano 1993, e o seu compromiso activo pola defensa dos dereitos dos nenos, realizando unha semana especial dedicada á difusión de noticias, reportaxes e entrevistas de interese relacionadas coa infancia. Tamén realizarán un chamamento a toda a sociedade galega, para que colaboren coa campaña 'Doa 1 día' contra a desnutrición infantil.O obxectivo da iniciativa é sensibilizar á opinión pública sobre a difícil situación que sofrenmoitos nenos que non poden gozar dos seus dereitos, sobre todo no ámbito da alimentación e a nutrición. Tamén difundirán as accións que se levan a cabo en Galicia dende diferentes perspectivas; educación, participación e deporte polo desenvolvemento entre outros. TVG eRadio Galega darán voz aos nenos e a persoas que día a día traballan para conseguir mellorar as condicións de vida de nenos e nenas vulnerables e con dificultades de acceso aos seus dereitos, en Galicia e no resto do mundo. Os programas da TVG implicados son:Bos Días, A Revista e os informativos A Solaina,Falámolo e Luar. Na Radio Galegao contido centrado en infancia difundirase a través dos programasConvivir en igualdade, Galicia por diante e A tarde, ademais dos informativos. Máis información na web de CRTVGXosé Ramón Gayoso, María Solar, Carlos Nuñez, David Bisbal eMarta Sánchez serán os encargados de pedir á poboación galega o seu apoio á campaña, achegando un día contra a desnutrición infantil, co envío dunSMS coa palabra AXUDA ao 28028.