Sahel: UNICEF participa nun encontro da Unión Europea para atallar a crise nutricional

A Directora Adxunta de UNICEF, Yoka Brandt, participou hoxe en Bruselas no encontro organizado pola Unión Europea para abordar a crise alimentaria do Sahel, que ameaza as vidas de millóns de nenos e das súas familias.

Estamos nunha carreira contra reloxo para salvar vidas antes de que a crise chegue a un pico que pode poñer en perigo ás vidas de millóns de persoas, así que este anuncio é moi ben recibido", dixo Brandt, agradecendo o anuncio feito pola Comisión Europea de aumentar a axuda humanitaria á rexión.
  

UNICEF espera proporcionar tratamento a 1,1 millóns de nenos

En 2012,UNICEF espera proporcionar tratamento abondo para salvar a vida de 1,1 millóns de nenos menores de cinco anos que sofren desnutrición aguda grave no Sahel, onde se estima que 18 millóns de persoas, en nove países, están afectadas pola seca e a crise alimentaria.Brandt agradeceu aos anfitrions da reunión celebrada en Bruxelas, a Comisaria Europea para Asuntos Humanitarios Kristalina Georgieva e ao de Desenvolvemento, Andris Piebalgs, o apoio dado a UNICEF para abordar tanto a crise actual que atravesa o Sahelcomo o seu impacto a longo prazo. Tamén eloxiou a posta en marcha por parte da Comisión Europea da Alianza Mundial de Resistencia (AGIR) que busca axudar á poboación doSahel a mellorar a súa capacidade de recuperación para que poidan facer fronte mellor a crises futuras.  
 
 
 

nos próximos meses, aumentará o número de nenos que necesita axuda

Nos próximos tres meses prevese un grande aumento do número de nenos que necesitan axuda porque a rexión se encontra actualmente no período máis seco e árido do ano. Para 2012, UNICEF necesita uns 146 millóns de dólares (117,5 millóns de euros) para as súas operacións de emerxencia na rexión do Sahel."Necesitamos desesperadamente os medios precisos para salvar a vida de 1,1 millóns de nenos que se encontran en risco de desnutrición aguda grave", dixo Brandt, quen presenciou a magnitude da crise alimentaria durante unha recente visita a Níxer. Este apoio axudará a UNICEF a proporcionar unha resposta integral na rexión tendo en conta as necesidades máis urxentes: a crise nutricional e a continua inestabilidade en Malí, onde 167.000 persoas son desprazados internos e 170.000 fuxiron a países veciños.