Ruanda: é posible cambiar a vida dos nenos que viven e traballan nas rúas

Non se sabe con exactitude cantos nenos viven e traballan nas rúas de Ruanda, pero as estimacións van dende centos ata miles deles. Moitos viven nas rúas de cidades como Kigali, a capital, onde están expostos á violencia e a explotación.

Grazas a centros comoFidesco Ruanda, unha organización establecida en 1994 para proporcionar un refuxio seguro aos nenos e que recibe o apoio de UNICEF, moitos nenos están a regresar aos seus fogares.Para conseguir reunificar as familias, os traballadores sociais deFidesco identifican os nenos que viven nas rúas ou que se encontran en centros de tránsito da policía. Os que acceden acudir ao centro, reciben comida, un lugar para durmir e unha oportunidade para regresar á escola. Ademais, reciben apoio psicosocial para comezar o proceso de reinserción coas súas familias e comunidades.

Prestar apoio as familias tras a reunificación

"Empezamos o proceso de busca das súas familias", dixo o coordinador de Fidesco, José Bitega. "Non obstante, moitos nenos teñen receos, xa que a miúdo a relación se rompeu, polo que facemos visitas acompañadas e actuamos como garantes en caso de que algo suceda", engade. "Cando logramos reunir un neno, non nos limitamos a deixalo coa súa familia e a marchar", explica Bitega. "Descubrimos que as familias a miúdo necesitan axuda para coidar axeitadamente aos seus fillos, tanto económica coma psicolóxica. A maioría destas familias viven na pobreza e non poden pagar a comida e a educación. Temos que resolver os problemas de fondo para contribuír a que o neno poida permanecer na casa. Pola contra, podería marchar de novo".

Un futuro mellor para Elisa Kwizera

Elisa Kwizera, de 13 anos, viviu nas rúas durante tres anos. "Non" tiña "sentido quedarse na casa", dixo. "Non" tiñamos "comida. Deixara a escola, así que me escapei,". Despois de rematar nun centro de tránsito da policía, encontrouse cunha traballadora social de Fidesco e decidiu buscar unha saída aceptando os servizos do centro. Agora,Elisa está de regreso coa súa familia e é o mellor estudante da súa clase. "Estudo moito agora. Por iso son o primeiro da clase e a miña nai está orgullosa".

"É unha alegría telo de volta. Fidesco prestoume 300 dólares para instalar un pequeno posto de verduras. O meu marido gaña un soldo mínimo como garda de seguridade, pero o meu posto é agora a principal fonte de ingresos da familia e a razón pola que Elisa decidise quedar. Estou moi feliz", conta a súa nai.  

"Iso non significa que todos os nosos problemas estean resoltos", dixo Elisa. "A miña escola pediume que compre materiais de xeometría e máis cadernos. De onde vou conseguir o diñeiro? E a escola está lonxe. Lévame tres horas ir e volver todos os días".  

os desafíos pendentes

UNICEF apoiou a Fidesco dende 2006 mediante asistencia técnica e financeira, e agora está a traballar para ampliar estes servizos a outros centros. Estivemos a traballar con Fidesco e con outro centro parecido para establecer un modelo de reintegración que sexa eficaz e sostible para nenos comoElisa", dixo o especialista de Protección da Infancia de UNICEF,Maxime Germain. "Esperamos que os resultados que fomos capaces de lograr agora se reproduzan en todos os centros que atenden aos nenos que viven nas rúas deRuanda".