República Centroafrica: UNICEF distribúe subministracións para os nenos feridos no conflito

UNICEF distribuíu subministracións médicas de emerxencia aos hospitais de Bangui tras os recentes enfrontamentos, que provocaron centos de mortos e miles de desprazados en República Centroafricana.

"Todos os días vemos máis e máis nenos feridos e mortos no hospital", afirmou o representante de UNICEF en República Centroafricana, Souleymane Diabate. "Os nenos de República Centroafricana non están seguros, nin os musulmáns nin os cristiáns. Están en perigo de resultar feridos ou rematar mortos nas súas casas, nas súas comunidades, e mesmo nos asentamentos de desprazados. Isto é totalmente inaceptable".


O luns pola mañá, a Cruz Vermella local notificou que dende o pasado xoves se produciron 400 mortos, incluíndo tres nenos. Os informes preliminares recompilados por UNICEF identificaron 30 nenos con feridas de bala ou de machetes no Hospital Comunitario e o Centro Pediátrico de Bangui.

República Centroafricana: subministracións de emerxencia para os nenos

O sábado, dous días despois dos enfrontamentos producidos en Bangui, UNICEF distribuíu subministracións médicas esenciais para 3.000 persoas no Hospital Comunitario, onde están a ser tratados a maioría dos feridos.

O domingo, os equipos deUNICEF distribuíronsubministracións sanitarias de emerxencia para1.000 nenos no Centro Pediátrico de Bangui, o único hospital infantil do país, onde foron ingresadas moitas vítimas. Tamén se proporcionou roupa aos nenos sobreviventes e instaláronse ventiladores eléctricos nos cuartos co apoio de UNICEF.

"É a primeira vez que me pasa algo así a min, a nós," explicou Kelley, de 17 anos, que está a ser tratado no hospital tras recibir un disparo de bala no peito mentres camiñaba cara á súa escola o xoves. "Estou preocupado pola miña familia, polos meus amigos e polo meu país".

Alí onde a seguridade e o acceso o permiten -tanto en Banguicoma en calquera outro lugar do país-, UNICEF e os seus aliados intensificarán os seus traballos para dar asistencia de emerxencia ás familias afectadas pola violencia.

Espérase que nos próximos días chegue a Bangui por vía aérea un voo con carga humanitaria de UNICEFque inclúe kits de saúde en emerxencias, subministracións nutricionais e outros artigos que salvan vidas para 3.000 familias.

Ata finais de novembroUNICEF recibira menos da metade dos fondos que se necesitan para cubrir as necesidades humanitarias no país durante 2013. UNICEF fixo un chamamento de 46 millóns de dólares para responder durante 2014 ás necesidades dos nenos afectados en República Centroafricana.
 

Traballo de UNICEF en República Centroafricana

UNICEF está presente enRepública Centroafricana dende 1968. Actualmente hai 150 membros de UNICEF nas oficinas de Bangui, Bossongoa, Kaga Bandoro e dentro de pouco en Bambari. Tamén hai equipos móbiles en Bossangoa e Kaga Bandoro. En 2013, UNICEF e os seus aliadosvacinaron contra o sarampelomáis de 480.000 nenos menores de cinco anos.

Máis de 47.000 persoas desprazadas, sobre todo en Bossangoa, recibiron mantas, lonas de plástico, xabón e cubos proporcionados por UNICEF. Unhas 84.000 persoas teñen acceso a auga potable.

Temendo polas súas vidas, unhas 60.000 persoas, na súa maioría mulleres e nenos, abandonaron as súas casas e buscado refuxio en máis de 20 asentamentos nos arredores de Bangui.

Os equipos deUNICEF no terreo informan de que miles de familias desprazadas seguen necesitando de xeito urxente refuxio, auga potable, saneamento, protección, alimentos e servizos sanitarios de emerxencia, e teñen un risco alto de sufrir enfermidades mortais.