Óscar Butragueño contesta ás preguntas de Redes Sociais sobre Paquistán

Óscar Butragueño traballa para UNICEF como Coordinador de Emerxencias no Equipo de Resposta Rápida na sede de Nova York. Este ano estivo nunha misión en Malí, de abril a maio, e outras dúas misións en Paquistán, onde está ata esta semana como Coordinador de Emerxencias.

Cunhaexperiencia de máis de 15 anos, para el, o mellor xeito de gañarse á poboación local é "mostrar empatía, respecto, coñecer a súa historia e a súa cultura". Tamén traballou enAfganistán, Palestina, Ecuador ou Bangla Desh.