Os centros de alimentación tratan nenos e nenas desnutridos no medio da fame no sur de Somalia

Por Chris Niles

"Pensei que  morrería de fame"

NOVA YORK, EEUU, 8 de agosto de 2011. Habib Isack abandonou por primeira vez o seu fogar en Wajid, ao sur de Somalia, pero non o fixo pola súa propia vontade. A seca rematou coas súas colleitas e o seu gando. O desespero empurroulle a levarse aos seus fillos e camiñar a pé a Doolow, preto da fronteira con Etiopía, en busca de axuda.

"Tardei nove días en chegar aquí dende Wajid", di. "Polo camiño pasei moita fame, non tiñamos diñeiro para comprar alimentos. O meu marido envioume ata aquí soa, así que tiven que realizar todo o traxecto soa, cargando cos meus fillos. Pensei que ía morrer de fame".Isack e a súa familia reciben tres comidas ao día no centro de alimentación do campamento para persoas desprazadas de Doolow, que recibe apoio de UNICEF. O campamento forma parte dun programa para axudar aos millóns de somalís que tiveron que escapar dos seus fogares debido á fame e o conflito.

Nenos e nenas en situación de risco inmediato

Moitas das persoas que se encontran no centro de alimentación tiveron que percorrer longos e perigosos camiños para chegar a Doolow, e están mal de saúde. "Encontramos algúns que están ben porque soamente camiñaron ao redor de 50 km", dixo Erin McClowskey,Especialista de UNICEF en Nutrición. "Pero algúns que chegaron dende máis lonxe, dende as zonas de Baye e Baiboa, están moi débiles. Están moi delgados e algúns padecen moitas enfermidades". A fame, que se podería estender por todo o sur de Somalia nas próximas semanas, custou xa a vida de decenas de miles de persoas, a metade deles nenos e nenas menores de cinco anos. As vidas de máis de 1 millón de nenos e nenas encóntranse en perigo inmediato.  

Na actualidade estamos a ver que a proporción de nenos e nenas que están gravemente desnutridos alcanzou o 50% ", dixo Rozanne Chorlton, Representante de UNICEF en Somalia. "É unha proporción extremadamente preocupante".

Un aumento da resposta

UNICEF e os seus aliados están a tratar de aumentar a resposta á situación de crise en Somalia e no resto do Corno de África. Ata agora, a organización transportou subministracións abondo para alimentar 65.000 nenos e nenas no sur de Somalia. Necesitaranse ao redor de 177 millóns de dólares para chegar a todos os nenos e nenas somalís necesitados durante os próximos seis meses.  

"Somalia dispón dun programa de nutrición que se ampliou rapidamente durante os últimos tres ou catro anos e abranguemos todo o país con ao redor de500 centros para o tratamento da desnutrición aguda", afirmou Peter Hailey, Xestor Superior de Nutrición de UNICEF. "Utilizando estes centros como unha base para afrontar agora a situación de emerxencia", engadiu, "estamos a ampliar rapidamente a escala deste programa, que inclúe a utilización de equipos móbiles e de traballadores comunitarios da saúde para chegar á maior cantidade posible de nenos e nenas,".

o tratamento salva vidas

Este apoio xa está a salvar vidas. En Mogadishu, a capital de Somalia, unha muller con catro fillos levou o máis pequeno, que está desnutrido, a un centro de alimentación de UNICEF e recordou a terrible experiencia que vivira. A muller tivo que camiñar ao redor de 160 km a través dun terreo azoutado pola seca para recibir axuda. Como lle aconteceu a moitos outros, tamén ela vira como se deterioraba a saúde dos seus fillos e perdía os seus medios de vida. "Tiñamos vacas, e despois de dous anos sen chuvia todo perdeuse", dixo. "Todas murieron".Sin embargo, grazas ao tratamento no centro de alimentación, o seu fillo recupérase agora.