"Ogallá todos os nenos do mundo poidan gozar de educación, sanidade e vivenda"

Post de Irene Marín, Coordinadora de UNICEF Comité Galicia.
 
Non podemos traballar polos nenos e nenas de todo o mundo sen o apoio de socios, doadores, institucións, empresas... miles de persoas e organizacións que nos acompañan no día a día. Pero, e dentro duns anos, quen nos axudará a garantir os dereitos da infancia a unha nutrición axeitada, a unha educación de calidade ou a un ámbito seguro onde crecer?
 
 
Só as herdanzas e testamentos permiten a persoas como ti, que estás a ler este post, estender a solidariedade a futuras xeracións de nenos que a seguirán necesitando. E a nós poder seguir traballando no longo prazo, en situacións de emerxencia e naqueles países que máis o necesitan.

"Hai un par de anos decidín facer testamento e dende o primeiro momento tiven claro queincluiría a UNICEFneste, pois o seu apoio á infancia é fundamentalneste mundo tan desigualitario no que vivimos. Como nai sempre tiven claro que a miña filla podería prescindir de parte da miña herdanza, pois ela sempre terá moito máis que moitos nenos no mundo,".

Con estas palabras comezou Victoria Alonso, legataria de UNICEF, a súa intervención no I Encontro Solidariedade a Futuro, que tivo lugar o pasado 21 de maio en Vigo. O propósito desta cita non era outro que mostrar a transcendencia que teñen as herdanzas e legados para dar resposta ás necesidades da infancia en situacións de emerxencia.

DianaValcárcel, coordinadora de Proxectos de Comunicación e voceiro de UNICEF Comité Español durante a emerxencia polo tifón Haiyan/Yolanda en Filipinas, explicou aos asistentes como actúa UNICEF ante emerxencias desta envergadura.

Contounos que, nos 83 países en situación de emerxencia onde UNICEF interveu en 2013, se tratou contra adesnutrición aguda grave a 1,9 millóns de nenos; vacinouse contra osarampelo a 24,5 millóns de nenose levouse auga potable para beber, cociñar e aseo persoal a 19,9 millóns de nenos, entre outras actuacións.
 

“CUALQUERa DOAzÓN MARCA A DIFERENzA”

Diana fixo fincapé na importancia das achegas desocios e doadores para paliar os efectos das crises humanitarias que teñen lugar en calquera lugar do mundo, en calquera momento. "Calquera doazón, por pequena que sexa, marcará a diferenza nas vidas de moitos nenos".

E facelo é moi sinxelo. "Calquera persoa poida colaborar ben a través dun legado, incluíndo a UNICEF como coherdeiro ou declarando a UNICEFherdeiro universal", comentou pola súa banda José María del Romero, avogado especialista en dereito de sucesións e asesor de UNICEF.

Gustaríame animar a todo o mundo a que inclúa a UNICEF no seu testamento, porque hai moitos nenos no mundo que necesitan a súa axuda. Ogallá algún día non sexa necesario o labor de UNICEF, e que todos os nenos do mundo poidan gozar de educación, sanidade e vivenda," concluíu Victoria Alonso.