O II Congreso de Cidades Amigas da Infancia reúne en Madrid 300 técnicos e políticos

Baixo o lema Fronte á pobreza e a vulnerabilidade: Alianzas Locais pola Infancia e a Adolescencia, CaixaForum Madrid acolle os días 25 e 26 de novembro o II Congreso de Cidades Amigas da Infancia.

Organizado por UNICEF Comité Español en colaboración cos seus socios do programa CAI --o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP)--, este encontro reúne técnicos e responsables de políticas públicas (locais, autonómicas, etc.), políticos municipais, membros de organizacións cidadás, profesionais, emprendedores e empresarios, estudantes e, en xeral, persoas comprometidas coa infancia, a adolescencia e as súas familias.

Trátase dun evento orientado a impulsar a creación e o desenvolvemento de Alianzas Locais pola Infancia e a Adolescencia (ALIA) como resposta á situación de pobreza evulnerabilidade social que afecta a unha parte importante da infancia no noso país. Segundo o informe de UNICEF Comité Español A Infancia en España 2012-2013: O impacto da crise nos nenos, o 27,2% dapoboación infantil española, é dicir, 2.267.000 menores de idade, viven baixo o albor da pobreza; e non só hai máis nenos e nenas pobres, senón que o son, ademais, durante máis tempo. Ante esta realidade, débese actuar agora con maiordeterminación e coordinación por parte de administracións públicas, asociacións, partidos políticos, sindicatos e empresas, xerando alianzas eficaces para lograr unhasociedade máis cohesionada e igualitaria que ofreza maior seguridade, protección e oportunidades aos seus cidadáns, especialmente á poboación máis nova e ás familias en situación de pobreza e risco de exclusión social. Durante dúas xornadas, 25 e 26 de novembro, varios expertos abordarán na sede de CaixaForum Madrid a realidade na que viven os nenos e nenas e as súas familias, e analizaranse osretos que debe afrontar a sociedade no ámbito local en materia de dereitos da infancia, dentro dunha nova etapa de traballo nun contexto socioeconómico de crise e de cambio nos modelos de intervención no ámbito de social.

LoitA CONTRA A POBREZA e A VULNERABILIDADe

Con este segundo Congreso, UNICEF Comité Español e os seus socios no programaCAI desexan continuar poñendo a énfase na loita contra a pobreza e avulnerabilidade, especialmente das familias con nenos menores de 18 anos, sen esquecer tampouco a importancia daparticipación cidadá dos nenos e as nenas como suxeitos activos do cambio social.Este segundo Congreso desenvolverase, por unha parte, a través da presentación derelatorios por parte de destacados expertos, e por outra parte, mediante a realización de talleres prácticos sobre eixes temáticos tales como aparticipación infantil e outros dereitos da infancia en diversos ámbitos ou sobre a relación da infancia coas últimas tecnoloxías da información e a comunicación.O programaCAI sitúa aConvención sobre os Dereitos do Neno (CDN)no centro das institucións locais co obxectivo de promover políticas máis favorables á infancia, así como a participación de nenos e mozos nos procesos que lles afectan. O programa CAI cumpriu en 2012 o seu décimo aniversario con 62 localidades recoñecidas como Ciudades Amigas da Infancia en toda España.