O grupo GECESA, Escola Amiga de UNICEF

O Grupo GECESA (Xestión de Centros Educativos SA), representado polo Director Xeral do Grupo, Carlos Madruga, e UNICEF Comité de Madrid, representado polo seu Presidente, Manuel López de Miguel, asinaron un convenio no marco do programa Escolas Amigas de UNICEF.

 

No devandito acto estiveron tamén presentes os directores dos cinco centros educativos que xestiona o Grupo (colexiosParque, Valdefuentes, Montesclaros, Torrevilano e Peñalvento), e o equipo de Educación para o Desenvolvemento do Comité de Madrid. Grazas a este convenio o Grupo GECESAe os 5 centros educativos que o compoñen comprométense a traballar os materiais de educación para o desenvolvementode UNICEF, a través dunenfoque de dereitos integrado no seu proxecto educativo, ademais de celebrar e difundir a celebración do 20 de novembro (Día internacional dos dereitos da Infancia). 

Adicionalmente, con motivo do Día mundial da Auga (22 de marzo) cada un dos colexios comprométese a organizar unhaCarreira da Auga Solidaria, co fin de recadar fondos para os proxectos de desenvolvemento de UNICEF enmarcados na campaña Gotas para Níxer. O Grupo GECESA comezou as súas actividades en 1977 e ten como obxectivo principal conseguir o desenvolvemento intelectual, espiritual e humano dos seus alumnos mediante un proceso de formación integral e personalizada. O grupo de colexios conta con 6.500 prazas e máis de 600 traballadores en Madrid.